miércoles, mayo 25, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ars Combinatoria en concerto

3 de diciembre, 2021 - 20:00

Ars Combinatoria en concerto

Este venres, 3 de decembro, Ars combinatoria realizará un concerto ás 20 horas no Centrad co fin de interpretar en directo o legado musical de Afonso X. O concerto noméase “cantigas de Santa María”, co que o grupo pretende contribuír a celebrar os 800 anos do nacemento de Afonso X o Sabio.

O programa está formado por cantigas alternadas con danzas instrumentais italianas e francesas do século XIV, con dezaseis músicos e sete voces
sobre os escenario, tocando instrumentos como o laúd, o salterio, as fídulas, percusión e zanfona.

Estas cantigas chegan a nós en catro códices, estando dous deles no Escorial, o terceiro na Biblioteca Nacional de Madrid e o cuarto na
Biblioteca Nacional de Florencia. Son en total catrocentas trece Cantigas escritas en lingua galaico-portuguesa que narran en verso miragres ou cantos á Virxe.

Ars Combinatoria nace no ano 1991 con polifonía renacentista e música medieval, con instrumentos construídos polos luthiers Germán Arias e
Antonio Franco, algúns dos cales se poderán escoitar e ver neste concerto.

Actividade paralela á mostra “Afonso X e Galicia”

Esta actividade musical é paralela á mostra “Afonso X e Galicia”, do Consello da Cultura Galega, que pode visitarse ata o 17 de abril na Capela de Santa María.

A exposición, comisariada polo músico medievalista Antoni Rossell, amosa o legado do monarca e a súa conexión con Galicia, descubrindo unha
faceta pouco coñecida da súa figura e convidando a coñecer a súa influencia a través de documentos, testemuños arqueolóxicos, literarios
e musicais, en paralelo ao esplendor da cultura galega na etapa medieval.

 

Detalles

Fecha:
3 de diciembre, 2021
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

CENTRAD
Rúa Chantada, s/n
Lugo, 27004
Teléfono:
982 21 00 66
Web:
http://www.centrad.org/portal_localweb/p_1_principal1_centrad.jsp?codResi=18&language=gl
X