O Museo Provincial de Lugo acolle unha mostra táctil. 
A mostra “Ver e tocar: escultoras no Museo Tiflolóxico”, conta cunha selección de pezas de escultoras contemporáneas para descubrir a través do tacto. 
A deputada de Cultura Iria Castro inaugurou a mostra.

O tamaño, a textura ou a temperatura destas pezas do Museo Tiflolóxico da ONCE, son as chaves para percibir estas obras, que ofrecen así unha experiencia dobre e nova para todas as persoas visitantes.

Ana Hernando, Mercedes Rodríguez Elvira,Sara Giménez, Alicia Rubio García, Gema Labayen, Francisca Llabrés, Pilar Vicente De Foronda, Fátima Cortés, Elena Laverón, Muche, Sonia Cardunets García, Kay Woo, Fátima Cortés e Francisca Llabrés son as autoras das pezas

Poderá visitarse ata o 30 de setembro.

Iria Castro lembrou que “se trata da segunda exposición táctil que acolle o Museo Provincial de Lugo este ano despois da mostra da artista catalá Ana María Marín, afondando nunha liña de traballo dirixida á configurarción de museos accesibles e inclusivos que faciliten o acceso á creación artística e ao patrimonio a todas as persoas”.

Museo Provincial de Lugo