Nova mostra en O Vello Cárcere de Lugo: a Colección Viravolta Títeres.
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, afirmou na inauguración: «esta mostra permitiranos coñecer as distintas pezas necesarias para o funcionamento dun espectáculo de títeres, mediante distintos materiais utilizados por Viravolta Títeres durante a súa carreira”.
Ademais, a edil de Cultura destacou que “a exposición axudará a entender o mundo dos títeres e a desfrutar destas pezas únicas procedente dunha das formas de expresión cultural con máis traxectoria da cultura galega”.
A mostra poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 30 de outubro.
Viravolta Títeres
A compañía Viravolta Títeres fundárona Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado no ano 1982. Trátase dunha das compañías máis antigas de Galiza. Na actualidade contan cun repertorio amplo con máis de 30 obras de diversos formatos: animacións de rúa, espectáculos de medio e gran formato, nos que combinan as marionetas coa música de cámara ou tradicional.
Noticias da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua Concello de Lugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte