Trátase dunha peza de especial valor patrimonial pola súa antigüidade, conservación e decoración, na que destacan catro anxos cuxas cabezas, realizadas con molde, que sobresaen entre grandes ás executadas por
medio de incisións. Entre eles intercálanse catro vieiras, feitas tamén con molde e rodeadas de motivos fitomórficos.
Na parte superior conta con dúas inscricións, unha en relevo que indica o nome do propietario da peza: Soi de R. Díez de Valcarce Vázquez y Quiroga e outra incisa que identifica ao oleiro e a data na que foi realizada: Franco antto Gomez me fecit en Samos en 18 de agosto del año de 1706.
Esta obra formou parte da exposición “ConCiencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós”, realizada no Vello Cárcere de Lugo entre o 29 de febreiro e o 17 de maio de 2024, en función do proxecto Alfarería de Galicia. ConCiencia de una tradición , co que colabora o Museo Provincial de Lugo. Ao finalizar dita mostra foi depositada no MPL polo seu propietario.
As ámboas son grandes recipientes de barro que se empregaban principalmente para almacenar viño e outros líquidos. Algúns exemplares, que presentan a boca máis ancha, servían tamén para gardar o gran. Adoitan presentar unha forma esférica alongada, co corpo percorrido de xeito transversal por finas liñas ou tiras de barro, decoradas cunhas marcas -a modo de “punteado”- que o oleiro realizaba co dedo mentres a peza xiraba no torno.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte