O Vello Cárcere – Verán con exposicións fotográficas
‘Eros – Tánatos’ de Sonia Rey + ‘Epítome’ de Xosé Manuel Otero + ‘A intimidade da imaxe’ de Anna Turbau 

O VELLO CÁRCERE – Praza da Constitución, s/n. 27002 Lugo

Horario

Mañás: Todos os días de 11:00 a 14:00 h.

Tardes: de domingo a mércores de 17:00 a 20:30 h. e de xoves a sábado de 17:00 a 22:30 h.

Web oficial

‘Eros - Tánatos’ de Sonia Rey
“Eros-Tánatos” 

A través deste proxecto, a fotógrafa asturiana Sonia Rey (Xixón, 1981) reflexiona sobre a dualidade da vida e a morte dun xeito sensíbel e á vez tenso.

Tanto os autorretratos coma os cemiterios representados nesta mostra aparecen unidos por un fío conductor que busca sempre a estética fotográfica. Porque, secundando á autora, “o corpo de Eros, non esquezamos, que será o mesmo que o de Tánatos”.

 Do 3 ao 31 de agosto

Segunda planta do bloque de mulleres

‘Eros - Tánatos’ de Sonia Rey
‘Eros - Tánatos’ de Sonia Rey
‘Eros - Tánatos’ de Sonia Rey
‘Eros - Tánatos’ de Sonia Rey
«Epítome”

«Epítome” é o proxecto fotográfico que Xosé Manuel Otero (Lugo) presenta no espazo de mulleres. 

Esta mostra temporal recolle un conxunto de fotografías tomadas e impresas entre finais dos anos 70 e comezos dos 2000, que representan a vida urbana e rural galega, a relixión, o lecer, e tamén a paisaxe e a abstracción.

Nestes enfoques, salpicados case sempre pola figura humana, o espectador percibirá o valor etnográfico que subxace en cada unha das súas obras.

A mostra poderá visitarse ata o 15 de setembro na primeira planta do panóptico.

‘Epítome’ de Xosé Manuel Otero
‘Epítome’ de Xosé Manuel Otero
‘Epítome’ de Xosé Manuel Otero
‘Epítome’ de Xosé Manuel Otero
«A intimidade da imaxe»

Anna Turbau (Barcelona, 1949), é unha fotoreporteira moi ligada aos movementos da contracultura e o realismo fotográfico. 

O seu traballo destacou a nivel nacional pola producción de obras feitas en Galicia entre os anos 1975 ao 1979, cando traballaba para a revista ‘Interviú’. Algunha destas obras foron adquiridas polo Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

A través da exposición»A intimidade da imaxe» narra a vida a finais dos anos setenta en Galicia, articulando todas as obras en diferentes itinerarios cuxa marca é a cor, o tamaño das fotos xunto coa súa disposición e as relacións que establecen algúns obxectos (as camas, por exemplo) entre situacións e espazos diferentes, e desenvolve unha proposta discursiva. 

Esta exposición estará no Centro, nas celas da segunda planta de homes, ata o 30 de setembro.