MAR 2018 A partir do 5 de abril pódese visitar na sala de exposicións da Capela de Santa María unha mostra de 25 traxes compostos de prendas orixinais e reproducións que se complementan con pezas de ourivería compostelá, así como pezas singulares. Tamén se poderán ver pezas de pano sedán que por aquel entonces era o máis prezado, ademais de mandís de mostra, aos que se lles adica un apartado especial; as mantelas ou lensas que cobren a saia; os refaixos bordardos a man; camisas de liño de corte rectos para aproveitar os anchos do tear, e mantillos de gala, mandís de traballo, toucas de pelo de cabra, mantóns de lá feitos no Val de San Lourenzo coas mesmas técnicas que as mantas maragatas.

 

As prendas foron recollidas polo colectivo Traxandaina, en casas por toda a provincia (Baleira, A Fonsagrada, Castroverde, O Corgo, Sarria, Portomarín, Guntín ou Muras)coa finalidade de salvagardar o noso patrimonio cultural.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, foi a encargada de presentar esta mostra e as actividades paralelas.

DEPUTACION-PRESENTACION TRAXE
Outras actividades paralelas:

Xornada sobre a vestimenta e o Folclore
O día 7 de abril, o CENTRAD, acollerá un xornada que analizará o traxe tradicional galego, no que intervirán diversos investigadores e expertos, estes son; Isidro Rodríguez, profesor de baile tradicional; Javier Feijoo, mestre de canto; Antonio Sanjurjo e Teresa Astorgano do colectivo Tranxandaina; Davide Salvado, artista e a profesora de baile Mónica Fernández. Para inscribirse de xeito totalmente gratuíto, ata completar aforo, hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web da Deputación.

Obradoiro de confección de saias
Ademais haberá un Obradoiro no CENTRAD de confección de saias, que será impartido polos artesáns de Tranxadaina, no que haberá practicas, así como clases que analizarán a evolución e a historia desta vestimenta. Realizarase os días 12, 13 e 19 de maio. Para inscribirse de xeito totalmente gratuíto ata o día 2 de maio, hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web da Deputación.

Visitas guiadas
Todos os interesados en percorrer esta exposición poden facelo mediante visitas guiadas que correrán a cargo dos artesáns de Traxandaina. Serán todas ás 18:00 horas, os mércores días 11, 18 e 25 de abril; os xoves días 3, 24 e 31 de maio; os martes 12, 19 e 26 de xuño. E por último os domingos 29 de abril, 27 de maio e 17 xuño ás 12:00 horas. Para inscribirse de xeito totalmente gratuíto, hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web da Deputación.

A mostra está ata o 1 de xullo