O contexto histórico e a cultura material do Reino Suevo en Lugo centrará os relatorios da «IV Xornada de Divulgación Científica» organizada polo Museo de Lugo, que se celebrarán o 25 de xuño no Pazo de San Marcos Deputación de Lugo.

A directora do Museo de Lugo explicou que “dedicamos a xornada ao Reino Suevo para aproveitar e poñer en valor as pezas desa etapa histórica e tamén para conbruír ao seu coñecemento e recoñecemento” xa que, explicou “hai unha escaseza moi profunda de fontes documentais sobre o Reino Suevo na historiografía tradicional, e as que se conservan están moi
subxectivizadas pola visión romana”.

Nesta cuestión abondou a catedrática da USC Ana E. Goy Diz, unha das relatoras da xornada, que sinalou “a necesidade histórica e artística de recuperar ese período no que a antiga Gallaecia tivo moito que decir ao resto de Europa. Esa etapa, moi pouco valorada, debe ser estudiada dunha maneira moi especial desde aquí”,

A vicepresidenta da Deputación agradeceu ao Museo de Lugo a iniciativa, “que contribuirá ao recoñecemento dunha etapa histórica da que nos legou, ademais de elementos materiais, formas de organización social e
económica tan características de Galiza como as parroquias ou os montes en man común”. Destacou as xornadas como “punto de encontro e colaboración coa universidade pública, que reivindicamos sempre como referencia de investigación e de cohesión social”.

Exposición

Ademais dos relatorios programados no Pazo de San Marcos, no marco desta actividade, a partir do 21 de xuño, o Museo de Lugo instalará na sección de Arqueoloxía unha exposición divulgativa cunha mostra das pezas custodiados polo centro e datadas entre os s.s. V-VIII no contexto do reinos suevo e visigodo, da invasión árabe e da consolidación do reino asturiano.

Programa

9.30 h. Acreditación asistentes

10.00 h. Presentación oficial

10.15 h. Trocando espadas en rellas de arado: un achegamento á historia e o legado do reino suevo-galaico Carlos Baliñas Pérez. Dr. Historia Medieval e Profesor da USC. Campus de Lugo 11.00 h. As elites bárbaras a partir das evidencias materiais: os suevos Jorge López Quiroga. Dr. en Historia Medieval (Universidad París IV-París,Sorbona). UAM. Natalia Figueiras Pimentel. Historiadora da Arte, conservadora e restauradora.
UCM.

11.45 h. Pausa

12.15 h. Bens culturais de tradición xermánica no Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro García. Museóloga e directora do MPL.

13.00 h. Mesa redonda: O papel da investigación histórico arqueolóxica na divulgación científica dos séculos V-VII: estratexias de comunicación
e transferencia do coñecemento. Moderada por Aurelia Balseiro, con intervencións dos relatores citados e tamén de Pablo Núñez Meneses, Dr. en Historia Medieval, especialista en Numismática, que nos introducirá na moeda sueva e Ana E. Goy Diz, Catedrática da USC, no eremitismo dos vales do Miño e do Sil durante a Alta Idade Media.

14.00 h. Debate-coloquio 17.00 h. Visita técnica explicativa no Museo Provincial de Lugo* (planta 1.ª sección de Prehistoria e Arqueoloxía) á
exposición divulgativa sobre a cultura material de tradición xermánica conservada no MPL a cargo dos técnicos do Departamento de Arqueoloxía do
MPL: Enrique Alcorta e M.ª Ofelia Carnero. (*presencial ou en liña dependendo das normativas sanitarias)

Inscricións

O formulario ou folla de inscrición estará dispoñible na web do MPL- RMP. As persoas interesadas en participar nas xornadas deberán cubrilo e
presentalo telematicamente ou presencialmente no rexistro xeral da Deputación. O prazo ábrese o venres 11 de xuño, e manterase aberto
ata o día antes da xornada. A participación pode ser presencial, ata cubrir a capacidade do Salón de Actos de San Marcos, ou en liña.

 

Eventos en Lugo