Os días 22 e 23 de xullo de 2020, terá lugar de xeito virtual a XX Conferencia do Movemento Internacional pola Nova Museoloxía (MINOM), baixo o título Cara a unha museoloxía 4D: social, política, ambiental e economicamente sustentábel
XX Conferencia MINOM - Lisboa e Lugo

Os días 22 e 23 de xullo de 2020, terá lugar de xeito virtual a XX Conferencia do Movemento Internacional pola Nova Museoloxía (MINOM), baixo o título Cara a unha museoloxía 4D: social, política, ambiental e economicamente sustentábel. Nesta ocasión este encontro ten un carácter galaico-portugués, pois terá como sede virtual compartida Lisboa e Lugo.

Esta Conferencia conta coas colaboracións da UNESCO, Ibermuseos, ICOM, entre outras institucións. O Movemento Internacional para unha Nova Museoloxía, MINON, foi fundado en 1985 en Lisboa, durante o Segundo Obradoiro Internacional de Nova Museoloxía, pero os seus principios ideolóxicos nacen na Declaración de Santiago, asinada en Chile en 1972. Forman parte do MINOM institucións de 11 países que traballan fomentando a participación cidadá dentro das organizacións museísticas, a recuperación da memoria e poñendo en valor o patrimonio cultural, natural e a diversidade cultural.

Nas datas programadas, as sesión terán lugar vía plataforma ZOOM e en directo polo facebook, conforme ao programa que se acompaña no seguinte enlace (pdf)

INSCRICIÓNS

A asistencia realizarase a través da plataforma ZOOM e emitirase en directo polo facebook.

Link para registro | rexistro | inscrição: http://tiny.cc/XXConfMINOM

Link para o evento de facebook:

https://www.facebook.com/events/3344847822232903/

Integran o Comité Organizador desta XX Conferencia do Movemento Internacional pola Nova Museoloxía (MINOM) as seguintes persoalidades:

Tareixa A. Ferreiro Tallón (Vicepresidenta Deputación Provincial de Lugo), Encarna Lago González (Red Museística Diputación Provincial de Lugo), Ana Goy Diz (Centro de Estudio de Historia da Cidade, Universidad de Santiago de Compostela), Mário Chagas (MINOM Internacional – Museu da República, Rio de Janeiro), Mário Moutinho (MINOM Portugal – Universidade Lusófona ULHT, Lisboa).