NOV 2017 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto ao coordinador da revista de creación poética Xistral, Camilo Gómez Torres, presentaron o número 20 desta publicación, editada polo Concello, que recolle a obra de 63 poetas e poetisas de Galicia e está ilustrada por Quique Bordell.



Fonte da foto: Gabinete Comunicación Concello de Lugo

Basadre mostrou a súa satisfacción pola continuidade desta revista, creada hai 68 anos por Manuel María e que “estivo durante moitos anos sen saír á luz” ata que no 2000 o Concello recuperou a súa edición. A Concelleira destacou a “moi importante participación de mulleres” e as ilustracións “vivas e coloristas de Quique Bordell” no número 20 de Xistral, unha publicación que “está aberta a todos os creadores, consolidados e noveis, o que fai que cada ano se enriqueza e sexa máis participativa”.
Carmen Basadre agradeceu así mesmo o labor de coordinación da revista que fixo ata o de agora Camilo Gómez Torres, quen pasa a formar parte do consello de redacción e dá o relevo como coordinador a Tono Núñez.

Os autores

Os poetas e poetisas que participaron no novo número de Xistral son os seguintes: Delfina Amoroso Abuín, Vicente Araguas, Carmen Blanco, José Blázquez, Anxo Boán Rodríguez, Luís Miguel Bugallo Paz, José Luís Calvo, Joaquín Carballido Parra, Cristina Corral Soilán, Jesús Corredoira López, Melania Cruz, Alicia Chao Penela, Domus Áurea, Beatriz Dourado,  Manuel Eiza, Euloxio Fernández, Xoán Xosé Fernández Abella, Fátima Fernández García, María José Fernández López, Susana Ferreiro Mediante, Curra Figueroa Panisse, Antón Fortes Torres, Xosé Lois García, Javier García N´ñez, Fernando García Penas, Teresa Gómez Senra, Raquel González Figueiras, Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), Emilio Xosé Ínsua, María Xosé Lamas, Anxo Lamas Muinelo, Carlos Lema Salvado, Miguel Anxo Macía, Martiño Maseda, Manuel Celso Matalobos, Sara Méndez Palmeiro, Adolfina Mesa, Conchita Montenegro, Enrique Mora Morandeira, Paulo Naseiro, Manuel Xosé Neira, Xoán Neira, Isidro Novo, Toño Núñez, Xosé Otero Canto, Jesús Alfonso Parada Jato, Luísa Paz Motenegro, Andrés Pociña, Pepe Pol, Pepa Prado, Xesús Rábade Paredes, Carmen Rivero Gallego, Claudio Rodríguez Fer, Margarita Rodríguez Otero, Ramón Rodríguez Porto, Emilio Silva Otero, Shui Lóng Xue Bào, José Carlos Ulloa, Saturnino Valladares López, Lois Vázquez Fernández, Antonio Vázquez Tierra, Elvira Veloso, Helena Villar Janeiro e Eva Xanim.

As orixes

A primeira revista Xistral naceu en 1949, impulsada por Manuel Antonio Sopena e por Manuel María. Daquela primeira Xistral saíron só dous números de 8 páxinas cada un.
No ano 2000, o Concello de Lugo, autorizado por Manuel María, iniciou a publicación da segunda época de Xistral, empezando co número 3, que se honraba cunha presentación asinada polo propio poeta chairego.

Desde aquela publicáronse 20 números, a razón dun número cada ano, cunha media de máis de cen páxinas.

O Consello de Redacción está formado por Luz Pozo Garza, Marica Campo, Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre.

Comparte este artigo nas túas redes