MAR 2018   A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, ven de anunciar a posta en marcha do Club de Lectura da Biblioteca Municipal (Parque da Milagrosa), aberto e gratuíto para persoas adultas, e dirixido a todos aqueles veciños e veciñas que gozan coa lectura e desexen compartir a súa experiencia e impresións con outros lectores e lectoras.

 A biblioteca prestará un exemplar a cada membro do grupo e organizaranse dúas reunións mensuais para comentar o lido coa axuda dunha persoa coordinadora.
Inscricións: presencialmente nas instalacións municipais, en horario de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas, ou a través do enderezo electrónico bibliotecamunicipal@concellodelugo.org. 

O prazo remata o vindeiro mércores, 28 de marzo.