Lugo e os seus arredores centraron as viaxes fotográficas do lucense Carlos Válcarcel entre finais dos cincuenta e comezos dos oitenta. De entre máis de 8.000 negativos publicánse agora 197 imaxes no libro presentado na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, “Carlos Valcárcel. Fotografía etnográfica 1960-1980”, publicado pola editorial Canela coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo.
O libro, con texos de Ramón Montesinos e Eduardo Ochoa, forma parte da colección “Imaxes dun país” da que xa se publicaron “Aldeas sen voz” de Vicente Ansola e “A idade de ferro” de José M. Salgado.
Na escolma fotográfica hai escenas dos traballos no campo e no mar, dos oficios e a industria artesanal, das feiras, festas e celebracións relixiosas, do comercio, da música, de persoas que se deixan retratar en diferentes situacións e de escenas “roubadas”… dos artesáns que traballaban nos desaparecidos cubertos pegados á muralla de Lugo e así ata case 200 imaxes fiel reflexo da cultura galega.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte