Cartel do escapARTE Fest - Lugo - Festival literario

Despois do éxito en colaboracións e público do primeiro episodio do escapARTE Fest, adicado á música lucense, con máis de 9.500 reproduccións no facebook e 14.250 no instagram para as 25 colaboracións musicais de artistas e grupos de Lugo; imos a polo segundo episodio…LITERARIO.

Escritoras, escritores, xente do teatro ou do cine, das librerías,  artistas varios, bookworms e amantes da literatura en xeral de Lugo participarán o mércores 01/04 ás 21:00 nas nosas redes con contos, poesías, relatos e outras aventuras literarias da súa autoría ou de referentes que teñan na súa vida.

Confirmados ata o momento: Abraham Pérez, Anxela Gracián, Abril Irigaray, Alma Selene, Carmen Conde, Gema López, Jordi Cicely, Lois Pérez, Madaly, María Roja, Minerva Varela, Pablo Veiga, Pepe Saavedra, Randi Estrago, Soledad Gil, Toño Núñez, Xerardo Quintiá, Xiana Arias (e Berio Molina)

Para participar:

Envía a vivalugo@vivalugo.es coas seguintes caracterísiticas:

– gravado en horizontal (requisito obrigatorio)

– máximo 5 minutos (se necesitas máis tempo…pois nada, dalle)

– e se pode ser: 25 fps, 1920×1080, mp4 (isto se é moito pedir pois nada, requisito opcional)

Nós xuntaremos todos os enviados nun único vídeo, un gran festival literario.

Tes ata o luns 30/03 – 14:00 horas

Segunda parte deste festival on-line que lanzamos desde Viva Lugo cos obxetivos de axudar á xente a seguir no seu confinamento dun xeito máis ameno viaxando sen saír dos seus fogares polos mundos da arte e a cultura, seguir mantendo viva a revolución cultural lucense que estábamos – e estamos – a vivir en Lugo desbordando creatividade en tódolos ámbitos: música, letras, pintura, teatro, danza…  e recoñecer a importancia da arte e a cultura, do sector cultural, antes, durante e despois desta crise sanitaria.