Unha imaxe do poeta lucense Isidro Novo colga xa como homenaxe na biblioteca municipal Isidro Novo
Maite Ferreiro explicou que “desde a Tenencia de Alcaldía queremos facer unha homenaxe a un autor que fixo moito traballo a favor da lingua e da cultura galega”, e destacou a figura de Isidro Novo como “referente literario de Lugo”.
A obra de Isidro Novo contan con 21 libros escritos por el, aos que se suman 17 colaboracións con outros autores. Na súa obra destacan a narrativa e a poesía, xéneros aos que se suman a tradución e o ensaio.