Lugo celebrará, xunto con París, Berlín, Estambul, e outras, o centenario de Ulises.

Lugo colaborará coa rede europea ULYSSES EUROPEAN ODDISEY para celebrar o centenario do «Ulises» de Joyce xunto a capitais europeas como París, Atenas, Budapest, Berlín, Copenhage e Estambul, entre moitas outras.
 
18 urbes europeas, entre elas as grandes capitais estatais e culturais do continente, representarán cada unha un capítulo desta obra mestra da literatura universal. 
 
O capítulo octavo do libro que celebrará Lugo, “Lestrigóns”, está ligado á literatura, o acto de camiñar e pasear, as relacións sociais nos espazos públicos, e á gastronomía sustentable de proximidade, caracteres todos onde a cidade da Muralla é referente estatal, que se verá proxectado con este proxecto tamén no nivel europeo.
 

A participación da cidade  consistirá nunha programación literaria expandida escénica  de fin de semana ligada á celebración da  gastronomía popular identificada con este capítulo da icónica novela de Joyce. Serán intervencións que evoquen a novela en espazos públicos de interese literaria como prazas, esculturas, rúas e gastronómicos como cafés e bares, terrazas, restaurantes, pubs que abran o acceso para a mesma.

O proxecto complementa esta programación con residencias artísticas para artistas internacionais en Lugo, a celebración dun simposio sobre a relación entre Literatura e Gastronomía, a participación no proceso de redacción no “Manifesto sobre a Futura relación entre as artes e a sociedade para unha Europa mellor”, coa contribución da cidade de Lugo e a integración de Lugo como cidade colaboradora na nesta nova rede de cidade Ulíses europea.

Pódese consultar máis información da rede ná páxina ulysseseurope.eu

Promoven: Fundación Uxío Novoneyra e Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro mantiveron unha xuntanza con Uxio Novoneyra para avanzar nesta efemeride que levará a cabo o Concello de Lugo en colaboración coa Fundación Uxío Novoneyra