Do mércores 7 ao venres 9 visitaron a cidade, e foron recibidos polo Tenente Alcalde, o directore artístico do proxecto, o irlandés Sean Doran, da axencia Arts Over Borders xunto a unha delegación da cidade, da Fundación Uxío Novoneyra, facilitadora do proxecto, e o sector cultural para amosarlles a grandeza e o potencial da cidade e localizar os que serán os escenarios na programación de primavera. 

Lugo colaborará coa rede europea ULYSSES EUROPEAN ODDISEY nesta efeméride continental xunto a capitais europeas como París, Atenas, Budapest, Berlín, Copenhage e Estambul, entre moitas outras, anunciou Rubén Arroxo, tenente de alcalde xunto a representantes da Fundación Uxio Novoneyra e a unha delegación europea que avalaría os espazos da cidade nos que terán lugar as representacións relativas ao centenario Ulises.

Este proxecto está inspirado no libro “Ulises”, do escritor irlandés James Joyce, do cal se celebra neste ano de 2022 o centenario da sua publicación por toda Europa, dando comezo a unha rolda de homenaxes por 18 cidades europeas, que rematará en 2024.

Arroxo afirmou que “a recente peonalización da cidade e a implatación de diversas estatuas relativas a autores galegos contribuiron grandemente a elección de Lugo como parte desta rede europea de cidades para celebrar o centenario de Ulises”. 

No mesmo participan 18 cidades europeas cada unha delas asociada a un capítulo da novela; relacionados cos principais retos que enfronta hoxe a sociedade europea.  O capítulo octavo do libro que celebrará Lugo, “Lestrigóns”, está ligado á literatura, o acto de camiñar e pasear, as relacións sociais nos espazos públicos, e á gastronomía sustentable de proximidade, e a hospitalidade das tapas da nosa cociña atlántica, caracteres todos onde a cidade da Muralla é referente estatal, que se verá proxectado con este proxecto tamén no nivel europeo.

A participación da cidade consistirá nunha programación literaria expandida escénica de fin de semana ligada á celebración da  gastronomía popular identificada con este capítulo da icónica novela de Joyce. Serán intervencións que evoquen a novela en espazos públicos de interese literaria como prazas, esculturas, rúas e gastronómicos como cafés e bares, terrazas, restaurantes, pubs que abran o acceso para a mesma. 

O proxecto complementa esta programación con residencias artísticas para artistas internacionais en Lugo; e a celebración dun simposio sobre a relación entre Literatura e Gastronomía; a participación no proceso de redacción no “Manifesto sobre a Futura relación entre as artes e a sociedade para unha Europa mellor”, coa contribución da cidade de Lugo e a integración de Lugo como cidade colaboradora na nesta nova rede de cidade Ulíses europea.

Pódese consultar máis información da rede ná páxina ulysseseurope.eu