O certame de microrrelatos do MIHL xa ten textos gañadores. O xurado formado por Tonina Gay (xornalista e presidenta do Clube Cultural Valle Inclán), Marcos López (axente cultural) e Lois Pérez (escritor e artista), despois de evaluar os 133 microrrelatos recibidos e das deliberacións pertinentes, resolveron:

1. Que o 1º premio, dotado con un vale de 150 euros en librerías da cidade, recaese en LEMBRANZA, obra de Marga Ramos, natural de Castro Ribeiras de Lea, Lugo.
2. Que o 2º premio, dotado con un vale de 100 euros en librerías da cidade, recaese en AS QUE NON ARDEN, obra de “Xía Olijas”, natural de Lugo.
3. Que o 3º premio, dotado con un vale de 50 euros en librerías da cidade, recaese en CORRESPONDENCIA, obra de “Dewisa Solleiro”, natural de Santiago de Compostela.