O CLUB CULTURAL VALLE INCLÁN cumpre 60 anos dende a súa fundación programando o ciclo «Agora non é antes».

O mundo, Galicia e a sociedade cambiaron ben dende a época que viviron os fundadores do Valle-Inclán, dende os anos 60 do pasado século ata o día de hoxe. Todos lembramos que en 1966, Galicia e todo o Estado Español vivíamos na ditadura franquista. Hoxe vivimos nunha democracia liberal. Á vista dos acontecementos que están a ocorrer a nivel planetario, cabe preguntarse…Será así mañá?.

O ciclo iníciase o día 23 de MARZO coa presentación do libro de Antón Baamonde, que tamén leva por título “AGORA NON É ANTES”. 

Neste acto intervirán:

Antón Baamonde, ensaísta e autor do libro.
Manuel Gago Mariño, xornalista, profesor e dinamizador cultural.
Presentador: Felipe Arias Vilas, vicepresidente do CC Valle-Inclán.

Antón Baamonde (Vilalba 1959) é un pensador, filósofo, ensaísta e articulista, intenta entender e captar Galicia dende outro ángulo, dende un ángulo diferente ao habitual. Pensa que para encarar o futuro debemos recoñecernos no que realmente somos, non nun imaxinario do pasado tópico e irreal.

“Combater os clixés, transformar o modo en que nos imaxinamos, abandonar a retórica da pasividade, enfocar o país dun modo máis plausible” é o que propón neste seu último libro que leva por subtítulo “Ideas para una revolución tranquila”.

Galicia está acabando a gran transformación que se produciu no último medio século e á vez entrando nun momento crucial da súa historia. Na acelerada y
tormentosa inflexión mundial que se está producindo haberá unha nova oportunidade?. Sería posible unha revolución tranquila?. Sería posible que o
fenomenal cambio económico e social que viviu Galicia nas últimas décadas, abrise o camiño a unha transformación política e cultural? Sería posible un
camiño propio, un modelo de modernización coherente, unha nova narrativa colectiva? Sería posible, indo máis aló, unha Galicia que axude a construír
unha España policéntrica e un pacto federal, integrada na UE?.”

Estas son preguntas que propone o Autor para un debate ao que Club Valle Inclán convoca a toda a cidadanía o próximo 23 de MARZO no Salón de Actos da Deputación as 17:30 da tarde.