Carmen Basadre presentou a programación, destinada a un público de 0 a 6 anos, que terá lugar entre o 17 de febreiro e o 22 de marzo na Biblioteca Municipal e no MIHL. As entradas son de balde, pero é necesario retirar invitacións
A entidade local ten preparada, para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna, a proxección do documental A palabra xusta, o vindeiro día 21 de febeiro, ás 20:00 horas, no Vello Cárcere
FEB 2018 O Concello continúa apostando por fomentar a lectura e o amor polos libros a través de contacontos e de espectáculos musicais. Deste xeito, a entidade local poralle cara a este inverno cunhas xornadas de animación á lectura para os máis novos da casa, durante os meses de febreiro e marzo, na Biblioteca Municipal e no Museo Interactivo da Histoira de Lugo (MIHL).
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este venres, na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a programación. As distintas sesións están destinadas a un público de 0 a 6 anos.
O sábado, 17 de febreiro, no MIHL celebrarase unha quedada con Paco Nogueiras, quen presentará o seu novo espectáculo musical Radio Bule Bule, para un público de máis de tres anos.
O xoves, 22 de febreiro, na Biblioteca Municipal estará Caxoto Contacontos, que prepresentará Un libro baixo a almofada, para nenos e nenas a partir de catro anos.
O 1 de marzo, xoves, a Biblioteca Municipal acollerá a Pavís Pavós con Contos para bebés, de 0 a 3 anos.
O sábado, 17 de marzo, estará no MIHL Migallas Teatro combinando música e teatro co espectáculo Canta connosco, para pequenos e pequenas a partir de tres anos.
Por último, o xoves, 22 de marzo, na Biblioteca Municipal, Tarabelos representará Debulendo lendas …galegas. O público é de máis de 5 anos.
As entradas son de balde, pero dado que a capacidade é limitada é necesario retirar as invitacións a partir das 10:30 horas do luns da semana da actuación correspondente. Todas as sesións comezarán ás 18:30 horas.
Día Internacional da Lingua Materna
O Concello de Lugo ten preparado, para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna, a proxección do documental A palabra xusta, o vindeiro día 21 de febeiro, ás 20:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere. Para celebralo, esta proxección emitiriase conxuntamente o mesmo en distintos lugares galegos, como Culleredo, Oleiros, Pontecedso, Pontedeume, Melide e A Estrada.
Trátase dun documental dirixido por Miguel Piñeiro, que conta a histoira de Antía Cal, unha mestra comprometida que fundou en Vigo o colexio Rosalía de Castro en 1961, e que a día de hoxe ten 92 anos. O documental ten música de Nani García e as voces de Javier Gutiérrez e Rebeca Montero.
A palabra xusta é un xogo inventado por Antía Cal para o seu alumnado, no que ao rematar a clase, cada neno e nena tiña que escribir nun pequeno papel e da forma máis sintética posible o que aprendeu na clase do día. Co paso do tempo o xogo converteuse nunha das máis singulares experiencias pedagóxicas da contorna.