Este venres, día 9 de xullo, ás 18:30 horas, a libraría Lectocosmos acollerá unha sinatura de libros de Arantza Portabales. Considerada un referente dentro do xénero negro actual e recoñecida como unha das autoras máis lidas do panorama nacional, a escritora vén presentar A vida secreta de Úrsula Bas (Galaxia, 2021; en castelán, La vida secreta de Úrsula Bas, Lumen, 2021).
Un thriller trepidante no que recupera a parella de investigadores Abad e Barroso, protagonistas de Beleza vermella (Galaxia, 2019). Eles serán os encargados de desenmarañar a estraña desaparición da Úrsula B., unha escritora de éxito, ao tempo que loitan por recuperar o equilibrio perdido nas súas propias vidas.
Para conversar arredor das circunstancias do caso e coñecer de preto o proceso de escritura desta e doutras das súas novelas, Lectocosmos convida ao gran público a participar nunha tarde literaria con Arantza Portabales.
NOTA: Non é preciso reservar praza para acudir a este evento. Garantirase o cumprimento da normativa vixente no tocante ao aforo máximo permitido, así
como o mantemento da distancia de seguridade entre asistentes.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte