ABRIL 2018 Promovidos polo Concello, chega a sexta edición dos Concertos Didácticos da Banda e a Escola Municipal de Música, que si nas anteriores edicións foi un éxito desta volta seguro que tamén o será, a proposta é máis divertida que nunca: o espectáculo A volta ao mundo en 80 notas
A volta ao mundo en 80 notas trata de amosarlle aos cativos e cativas pezas musicais de diferentes países a través dunha viaxe que comeza en Galicia. Un conto musical, que narra a historia dun matrimonio, que un día tomando un café na Praza Maior, deciden facer un ha viaxe polo mundo adiante, saíndo do aeródromo de Rozas en avioneta e coñecendo un sinfín de países e lugares coas súas culturas. De Galicia pasa por Escocia, Inglaterra, Italia, Austira, Hungría, Rusia, Japón, Polo Norte, Estados Unidos, Caribe, México, Brasil, Arxentina, Polo Sur e África, regresando a España. Nos concertos soarán cancións tan coñecidas como a Muiñeira de Lugo, a banda sonora de Piratas do Caribe, o ritmo africano de Hakuna Matata ou o himno da alegría. Preto dunha hora de actuación que fai protagonista a música doutros lugares a través de sons e decorados acordes.
Serán 23 concertos didácticos dirixidos a preto de 10.000 nenos e nenas entre 6 a 12 anos que terán lugar en diferentes centros educativos lucenses e no Hospital de Calde, a partir do próximo martes, ao longo dos meses de abril, maio e xuño.
Os centros educativos son: Illa Verde; A Ponte; Divino Maestro; Anexa; Colexio Plurilingüe Divina Pastora; Sagrado Corazón; Santa María; Albeiros; Colexio Plurilingüe PP. Franciscanos; La Milagrosa; Maristas La Inmaculada; Luis Pimentel; Virxe da Soidade; Casás; Rosalía de Castro; Colexio Plurilingüe San José; Fingoi nº2; As Mercedes; Menéndez Pelayo; Benigno Quiroga Ballesteros; Manuel Mallo Mallo, Salesianos e Paradai.
Os centros da provincia que acudirán aos concertos extraordinarios (13 e 14 de xuño no Auditorio) son: CEIP Plurilingüe A Pontenova; CEIP Plurilingüe Santo Estevo (Parga); CEIP Plurilingüe do Corgo; CEIP As Nogais; CEIP Laverde Ruiz (Outeiro de Rei); IES Gregorio Fernández (Sarria); CPI Tino Grandío (Guntín); CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) e CEIP Samos
Como broche de ouro a esta programación infantil, o 14 de xuño ás 19:00 horas terá lugo un concerto gratuíto da Escola Municipal de Música no Auditorio Gustavo Freire.