DEC 2017 Este 2017 que remata foi un ano moi especial e importante para os Talabarte, xa que ao recoñecemento e éxito de público sumouse o Premio Martín Códax na categoría Músicas do Mundo, un galardón que recoñece a súa calidade artística e talento.
O violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García tras anos coincidindo e compartindo diversas experiencias musicais, estes tres grandes músicos deciden aló polo ano 2004 poñer a andar seu propio proxecto artístico, motivado pola súa recíproca admiración e amizade. Unidos ademais pola madeira dos seus instrumentos e cunha concepción musical común, funden conceptos diversos na súa viaxe musical: acústico, de raíz, improvisación, atemporalidade, aventura, surrealismo, gastronomía…
Os seus nomes están intimamente vencellados con grandes proxectos da música galega coma Berrogüetto, Marful, ou prestixiosos músicos de jazz coma Jorge Pardo, Walter White ou Steve Brown.
Os Talabarte colectaron grandes eloxios de crítica e público levando a súa musica por teatros, auditorios e festivais da Península Ibérica, Bretaña, Portugal, Serbia… Ademais de deseñar concertos singulares como «Ao son da Cociña» que une música, gastronomía e arquitectura. Os seus concertos teñen risco, improvisación e contundencia. Un grupo que non deixa a ninguén indiferente e mantén en movemento a alma e os pés… perfectos para despedir este 2017… o 30 de decembro en La Cosechera – Rua Irmáns Vilar Ponte, 27002 Lugo – ás 23:00