A banda lucense Telemaco presenta "Lume" en directo

O xoves 10 de setembro ás 21:00 horas en O Vello Cárcere de Lugo – con aforo limitado a 30 persoas – a banda lucense Telémaco presentará en directo «Lume», o seu cuarto disco, concerto no que se gravará o mesmo.

Lume está adicado aos elementos #telúricos e conta con música de Mike Rolling, Dr.Think & Narci Rodríguez, samples cedidos por Oliver Laxe e Xabi Font (O que arde) e participan Ricky Hombre Libre, Biyi, La sombra del humo, Dj Koo, WALP, P Leyenda, La cochina electrónica, Yugen Kala, Gran Purismo, Zambrana e Arturo Vaquero.

Si estás interesado en asistir a este concerto organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, Deputación de Lugo e Concello de Lugo dentro do Lugo Cultural tes que recoller a túa entrada o día Mércores 9 de Setembro na oficina de Cultura do campus de Lugo de 10:00 a 13:30 horas.

Reedición do terceiro disco «Auga» en formato cofre

Telemaco aproveitarán a ocasión para poñer á venda oficialmente o cofre do seu terceiro disco «Auga», disco rexistrado en directo nos estudios Abrigueiro de Friol (Lugo) o 22 de Marzo do 2010, día mundial da Auga. 

Dentro deste cuidado #packaging podes atopar un usb de 8 xigas co disco en formato audio, vídeo, fotografías, gráfica e contidos extra coma o seu disco grabado en vinilo titulado «Despois do silencio».

De edición limitada, si estás interesado nun destos cofres podes deixar unha mensaxe privada no instagram da banda @telemacoav ou un correo electrónico a infotelemaco@gmail.com. Tamén podes mercalo directamente na súa propia web www.telemaco.gal