A banda luguesa Arrhythmia ven de estrear o seu novo disco "I", xa dispoñible en todas as plataformas dixitais.

Arrhythmia, banda que mestura metal, rap e electrónica con letras en galego, vén de sacar novo disco: «I». A presentación oficial será o vindeiro 25/02 na Sala Malatesta de Santiago de Compostela – ENTRADAS – 

Neste novo traballo visibilizan a problemática da saúde mental, ademáis da loita de clases como bandeira.  

A Mellor banda metal no 2018 nos Premios Galegos da Música e gañadores do Band Contest do Resurrection Fest en 2019, volven a por todas, non hai máis que oír «Furacán» e ver o seu impresionante videoclip feito por Álvaro L. Barreiro.