A nova tempada da Sociedade Filharmónica de Lugo é de impacto internacional.
Doce concertos programados de outubro a xuño con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila que traerán á nosa cidade a mellor música.
Será o ciclo con maior número de concertos sinfónicos e estará enfocado nos concertos e sinfonías de Beethoven, Mozart, Mendelssohn e Brahms.

A nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica, a número 78, de forma ininterrumpida, dende o ano 1947, dará comezo o sábado 26 de outubro co concerto que ofrecerá o prestixioso Ensemble Praeteritum Sinfónico no Círculo das Artes.

Conformarán o programa a Sinfonía nº 2 de J. Brahms e o Concerto para violín de L. v.Beethoven. 

O Ensemble Praeteritum é un conxunto instrumental creado polo violinista Pablo Suárez Calero en 2011 que dende 2023 converteuse tamén en formación de orquestra sinfónica sen a usual figura do director, tras unha longa e recoñecida traxectoria como conxunto de cámara.

Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG)
Orquestras sinfónicas galegas:

Destaca tamén a presenza na tempada das tres orquestras sinfónicas galegas: a Real Filharmonía de Galicia con dúas datas (6 de decembro e 14 de decembro), dirixida por Nil Venditti e Amandine Beyer respectivamente; a Orquestra Sinfónica Vigo 430 con otras dúas datas (25 de xaneiro e 2 de marzo) baixo a dirección de Aarón Zapico e José Luis López Antón; e a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) que será a encargada de pechar o ciclo de concertos o 6 de xuño, dirixida neste caso polo seu director titular Roberto González-Monjas.

Amandine Beyer.
Anastasia Makhanemdrikova.
Solistas de gran prestixio internacional

Tamén solistas de gran prestixio internacional intervendrán na tempada, tanto con orquestras como en recitáis: a violinista francesa Amandine Beyer, as pianistas Noelia Rodiles e Anastasia Makhamendrikova e a tamén violinista noruega Sonoko Miriam Welde serán algunhas delas.

Os concertos para violín e orquestra de Beethoven, Mendelssohn e Mozart, os concertos para piano de este último e sinfonías de Schubert ou Brahms serán os fitos máis sinalados na programación.

Cuarteto Quiroga.

A destacar da mesma forma a volta ao escenario do Círculo das Artes do Cuarteto Quiroga (26 de abril), sen dubida unha das agrupacións de música de cámara máis importante do noso país, se non a que máis, e que sempre é agardada con gran expectación polos afeccionados.

Diana Cooper
Miyu Shindu
PIANO

O piano será o protagonista en dous recitáis a cargo da francesa Diana Cooper (28 de novembro) e a xaponesa Miyu Shindu (8 de maio), ambas as dúas gañadoras de importantes concursos internacionais e entre eles o Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo.

Filharmónica Km. 0

Terá un lugar sinalado na tempada a sección denominada Filharmonica Km. 0, na que teñen cabida novos valores da música lucense; será o 15 de marzo o concerto a cargo do 1º Premio do útimo Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira do Conservartorio Prof. de Música Xoán Montes de Lugo, o frautista Iago López, que intervendrá xunto a un quinteto formado por músicos lucenses de ampla traxectoria. 

A Banda Filharmónica de Lugo participará tamén na tempada o 23 de febreiro, nesta ocasión con Javier Viceiro como director invitado.

ENTRADAS

Todos os concertos do ciclo serán no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h.

As persoas interesadas en adquirir o abono de tempada ou facerse socias da Sociedade Filharmónica pódeno facer escribindo ao correo electrónico filarmonicadelugo@gmail.com . 

As entradas para non socios, para os concertos soltos, poderanse adquirir o mesmo día da actuación nas oficinas do Círculo das Artes. Tamén haberá entradas para estudantes a prezo moi reducido e entrada de balde para menores de idade e estudantes do Conservatorio.

Web oficial Sociedade Filharmónica de Lugo

A Tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo conta co apoio e patrocinio da Área de cultura da Vicepresidencia primeira da Diputacíón Provincial, da Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e de Caixa Rural Galega, ademáis da colaboración do
diario El Progreso.

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto coa Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro e Iria Castro, deputada de Cultura xunto con representantes da directiva da Sociedade Filharmónica de Lugo durante a presentación da tempada 2024-2025.

"Desde a área de Cultura do Concello mantemos un ano máis o apoio a todo tipo de artes escénicas, apoiando a única programación estable de música clásica de Lugo", afirmou Maite Ferreiro