“A Verbena Fest” volve por todo o alto. A IV edición do festival encara un ano decisivo con unha proposta de crecemento basada nun formato novo e grandes bandas nacionais.

Belako , Sex Museum , Sexy Zebras e Jardín de La croix entre outros, serán os encargados de facer vibrar a todos os asistentes os días 15 e 16 de xullo en Sarria.

A Verbena Fest, xestionado pola Asociación SonVerbam e os rapaces do Meigallo, naceu fai 4 anos coa finalidade de crear una xornada festiva ao aire libre e atraer música de calidade a vila de Sarria.

Ubicado na Terraza do propio local do Meigallo, e con capacidade para 1000 persoas intentase facer un oco no poboado mundo dos festivais a través música, a gastronomía local e a familiaridade como bandeira.

O novo formato amplía un día máis a festa. Os días 15 e 16 de xullo son as datas elexidas para realizar este evento que encara o cuarto ano con moita ambición.

VERNES 15/07

Dará comezo o venres 15 de xullo,as 21.00 horas e será TOTALMENTE GRATUITO Coolflanders e Le temps du Loup serán as bandas encargadas de abrir a xornada. O final de festa será amenizado polo Dj Local “Lois” (MusicArcheology)

SÁBADO 16/07

O día grande, o sábado 16 de xullo dará comezo a xornada ás 13:00 horas cun concerto gratuíto de Anarchiks no Paseo do Malecón.

Ás 14:00 o grupo Mad Mission (Ourense) será o encargado de abrir a xornada nas instalacións do Meigallo. El chico López (arxentino afincado en Sarria) e Dj Fonkid (Vigo) serán os primeiros grupos encargados de animar o ambiente durante o dia.

Xa a noite, as bandas máis grandes e con máis traxectoría poñerán o punto e final a esta edición: 

20:00 Sex Museum 

Son grupo de culto da escena underground e conservan intactas as sus raíces. Sex Museum definen e reivindican a música independiente como ninguén.

22:00 Jardín de la Croix 

A explosión postrockera de principios de Siglo, as derivas lóxicas do Math rock e o renacemento dos sonidos progresivos e experimentais. 

23:30 Belako 

Formado no 2011, rapidamente captaron a atención de público e crítica, que non tardaron en señalalos como grupo revelación dos últimos anos. Veñen a presentar o seu novo disco “Plastic Drama”

1:30 Sexy Zebras 

Tras casi dez anos de carreira e cunha base de fans que non deixa de crecer, Sexy Zebras encontrase no seu mellor momento, os seus concertos convirtense en auténticos pogos colectivos e acaban de entregar o seu mellor álbum, un dos discos do ano.

Ademáis da música, no recinto haberá varios stands de comida xestionados polo propio local e outros cociñeiros da localidade. Hamburguesas, comida mexicana e racións, todo realizado con productos locais. Pulperia Neira estará tamén presente para servir pulpo aos asistentes.

ENTRADAS

As entradas para o sábado 16 podense mercar on-line a traves de EventBrite ou de forma presencial nos locais “Adarve” ,“ Xarope” e no propi “Meigallo” cun coste de 30€