A violonchelista Alejandra Díaz presentará álbum no seu concerto de Lugo
Sábado, 27 de xaneiro de 2024 / 20:00 h. / Círculo das Artes de Lugo / Presentación do álbum Berce coa colaboración do compositor Juan Durán

Un concerto organizado pola Sociedad Filarmónica de Lugo

Alejandra Díaz

Considerada unha música cativadora e unha intérprete natural sobre o escenario, Alejandra foi premiada co Carnegie Palmer Award e finalista do Galardón Internacional Pablo Casals. 

En 2022 obtivo o posto de violonchelista principal asociada da Israeli Opera en Tel Aviv. 

Tras ser galardoada co LSO String Experience Scheme en 2013, converteuse na primeira violonchelista española da historia en actuar xunto á London Symphony Orchestra. 

Foi artista invitada a diversos festivais internacionais e programas de radio como Café Zimmermann en Radio Clásica ou In Tune na BBC Radio 3. 

Revistas especializadas de música como The Strad Magazine, Codalario ou a revista Ritmo fixéronse eco dos seus logros. 

Completou o Máster de Interpretación e o Grao en Música con honores pola Guildhall School of Music & Drama e a City University of London. 

Cabe destacar o seu compromiso pola educación musical e a música actual, estreando obras de importantes compositores. A súa traxectoria artística foi avalada por fundacións como a Carne Trust, Guildhall Trust, Matthiesen Foundation ou Worshipful Company of Musicians. 

Na actualidade Alejandra é catedrática de violonchelo no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

https://www.alejandra-diaz.com/ 

Juan Durán

Juan Durán está considerado como un dos compositores máis extraordinarios da súa xeración. 

É autor dun importante catálogo de obras onde conviven a música de cámara, a vocal, a sinfónica e a escénica, así como arranxos e orquestracións de música galega. 

Entre outros galardóns, recibiu o Premio da Crítica en 2009, o Premio da Cultura Galega en 2013 e o Premio Raíña Sofía de Composición en 2018. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes e da M.I. Academia de Música Valenciana.