Amandine Beyer dirixe á Real Filharmonía de Galicia en Lugo
Venres, 14 de abril de 2023 – 20:00 h. – Círculo das Artes de Lugo
Venda de entradas no Círculo das Artes. É posible a reserva de entradas no correo filarmonicadelugo@gmail.com
Programa:
CARL PHILIPP EMANUEL BACH – Sinfonía en Sol maior, Wq. 183/4 (H. 666)
JOHANN DAVID HEINICHEN – Sinfonía en Fa maior, S. 209
CARL PHILIPP EMANUEL BACH – Sinfonía en Re maior, Wq. 183/1 (H. 663)
FRANZ JOSEPH HAYDN – Sinfonía nº47 en Sol maior «Palíndroma», Hob. I:47
Amandine Beyer, directora e concertino
Dende hai xa algúns anos Amandine Beyer é recoñecida como unha referencia na interpretación do repertorio barroco para violín.
A súa gravación das sonatas e partitas de J. S. Bach, foi recibida como unha revelación pola critica (Diapason d’or de l’année, Choc de Classica de l’année, Editor’s choice de Gramophone, Prix Academie Charles Cros, Excepcional de Scherzo….). O seu traballo sobre estas obras continúa co espectáculo Partita 2, coreografiado e bailado por Anne Teresa de Keersmaeker e Boris Charmatz.
Habitual das máis importantes salas e festivais do mundo enteiro (Théatre du Chatelet, Festival de Sablé, Innsbruck Festwochen, Konzerthaus de Viena…), a súa actividade musical divídese entre os diferentes grupos nos que participa: Les Cornets Noirs, os dúos con Pierre Hantaï, Kristian Bezuidenhout ou Laurence Beyer e o seu propio grupo Gli Incogniti, co que gravou varios discos (Apothéoses de F. Couperin, Concerti Grossi de Corelli, Catro Estacións de Vivaldi, Nicola Matteis…). Estes discos obtiveron o apoio unánime da crítica internacional.
A súa outra paixón é a ensinanza tendo sido profesora na ESMAE de Porto (Portugal), así́ como en clases maxistrais por todo o mundo (Francia, Italia, España, Brasil, Taiwan, EUA, Canadá). Dende 2010 é profesora de violín barroco da Schola Cantorum Basiliensis en Suíza.
Amandine Beyer foi nomeada por REMA como Embaixadora do Día da Música Antiga 2023.
Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela.
Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Baldur Brönnimann é, desde xaneiro de 2023, o seu director titular e artístico; Maximino Zumalave o seu director asociado e Joana Carneiro a principal directora invitada. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.
A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego. Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG está financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.
Organizado pola Sociedad Filarmónica de Lugo