20 agrupacións mostrarán a súa música con concertos gratuítos que terán lugar os venres e sábados, a partir das 20:30, entre o 30 de xuño e o 2 de setembro no Muralleando 2023.

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron a cuarta edición deste ciclo de concertos que abrirá a Praza da Mosqueira ás distintas agrupacións musicais de Lugo. 

Maite Ferreiro lembrou que «os concertos do Muralleando  apareceron xusto despois do confinamento, no ano 2020…», e afirmou que “tres anos despois xa está consolidado como unha das actividades culturais máis importantes para os meses de verán, converténdose no punto de encontro das agrupacións locais, mantendo a Muralla como protagonista ao celebrarse na Praza da Mosqueira, un dos espazos máis importantes na programación cultural”.

Foto: Gab. Com. Cultura

Programación Muralleando 2023

Xuño
30 – Filophóbicas

Xullo
1 – Nebra

7 – Beelattor

8 – Mr Hattaway

14 – Banda Filharmónica

15 – Voces Violetas

21 – The Wireless

22 – Verter GZ

28 – El Último Burro

29 – Haenselus

Agosto
4 – Rachel and the Blue Batons

5 – Kali la Negra

11 – Foolans, Beach Avenue e Jade4

12 – Airiños da Freba

18 – Por Mi Swing

19 – Madame Rachel

25 – Perguizán

26 – Caivanca

Setembro
1 – De Lope

2 – Holy Damn