Dicía Chus Teleclube Rodríguez na presentación do ciclo Experimenta 2021: “poderá desfrutar dunha viaxe sensorial sentado na súa cadeira”

Decía ben.

Unha edición máis o Experimenta cumpriu sobradamente e levounos en cada un dos catro concertos a múltiples viaxes emocionais polos nosos recunchos do corazón e o cerebro. Da beleza, case delicadeza, ata a furia, case brutalidade. Da paz mundial na cadeira a saltar por unha ventá hai moi pouco…só, un «Experimenta». 

Homem en Catarse, Amorante, Strange Mystery Flower e Los Sara Fontán foron a nosa paroxetina por unha fin de semana. E iso é moito decir.

Moito decir iso é. 

O ciclo Experimenta está promovido por Tele Clube Lugo e a área de Cultura da Deputación.