Cantigas de Martín Códax e a Sinfonía do Novo Mundo no concerto da Orquestra Sinfónica Vigo 430 en Lugo

Sábado, 16 de decembro de 2023 – 20:00 h. – Círculo das Artes de Lugo

Concerto en lembranza de Carlos Ferreiro González, Alfredo Rodil Blanco e César Porto Pacín

Orquestra Sinfónica Vigo 430

Isabel Rubio, directora  

Conrado Moya, marimba

Beatriz Riobó, soprano

 Programa:

  • J. Durán: Cantigas de Marn Códax
  • J. Rodrigo: Concerto Heroico (versión para marimba)
  • A. Dvorak: Sinfonía nº 9 «do Novo Mundo»

Promove: Sociedad Filarmónica de Lugo

Isabel Rubio, directora

Directora de Orquestra murciana, actualmente titular da Jove Orquestra de les Comarques Gironines «JOCG», asociada da Orquestra Vigo 430 e a Xove Orquestra Sinfónica de Granada «JOSG», ademais é asistente residente da Xove Orquestra Nacional de España «JONDE». 

Resultou finalista no concurso para a praza de director asistente da orquestra Filharmónica de Berlín e de Kirill Petrenko. Gañadora do I Concurso de Dirección de Orquestra en Aspe, do I Concurso Internacional de Dirección Cidade de Villena e gañadora dos I Encontros sobre Dirección Orquestral en Bilbao.

Así mesmo, no ámbito internacional, foi seleccionada para participar en diversos concursos de dirección en Francia, Portugal, Alemaña, Holanda e Italia, onde resultou semifinalista do Concurso Internacional Premio Guido Cantelli. 

Dirixiu a Orquestra Nacional de España, Orquestra Sinfónica de Radio Televisión Española, Orquestra Sinfónica de Castela e León, Bilbao Orkestra Sinfonikoa, Orquestra de Estremadura, Orquestra Cidade de Granada, Orquestra de Córdoba, Orquestra Sinfónica de Málaga, Orquestra Filharmónica de Gran Canaria, Orquestra de Valencia, Orquestra Sinfónica da Rexión de Murcia, Oviedo Filharmonía,  Orquestra de Antalya en Turquía, Pärnu Music Festival Orchestra en Estonia, Orquestra Federal da Comunidade Valenciana, Xove Orquestra da Comunidade de Madrid, Xove Orquestra Nacional de España e as bandas profesionais de Madrid, Bilbao, Alacante, Pontevedra, Santiago de Compostela, Almería, Vitoria e Valencia. 

Dirixe en festivais como o Pärnu Music Festival en Estonia, Festival Internacional da Semana de Música Relixiosa de Cuenca, o festival de órgano de Lugo, os Encontros de Composición da Orquestra de Valencia, o Ourearte Music Fest en Portugal, o Concurso Internacional de Violín CullerArts e o Festival Internacional de Música de Cine de Málaga.

Conrado Moya, marimba

O solista de marimba Conrado Moya é na actualidade unha das figuras máis representativas do seu instrumento a nivel internacional, sendo aclamado polas súas extraordinarias capacidades técnicas e expresivas, e a súa entrega no escenario.

Conrado Moya desenvolve unha intensa actividade como solista de marimba por todo o mundo: realiza recitais, interpreta xunto ás principais orquestras, coros e bandas sinfónicas, e actúa en festivais internacionais como o PASIC de Indianápolis ―considerada a convención de percusión máis importante do mundo―, o Festival Internacional de Marimba de Guatemala, o Festival Internacional de Marimbistas de Chiapas ou o Festival Internacional de Música Mercedes Benz de Shanghai, entre outros.

No ámbito da música de cámara, foi parte integrante de dúos, ensembles e agrupacións como Li Biao Percussion Group ou Marimba Quartett. Toda esta actividade lévao a tocar nas principais salas de concerto de Europa, Asia e América, como o Liederhalle de Stuttgart, o Teatro Colón de Bos Aires, o Teatro Julio Mario Santo Domingo de Bogotá, a Sala São Paulo, o Centro de Arte Oriental de Shanghai ou o Centro Nacional das Artes Escénicas de Beijing, entre outros. 

Entre os seus recentes e próximos proxectos destaca a estrea mundial do Concerto para piano e orquestra de Joaquín Rodrigo na súa versión para marimba -transcrito polo propio Conrado Moya e autorizado en exclusiva ao artista polos herdeiros do compositor-, xunto á Orquestra Filharmónica de Gran Canaria e o director Guillermo García Calvo, e posteriores interpretacións no Festival de Música Española de Cádiz, xunto á Orquestra Cidade de Almería e Michael Thomas. 

Destaca tamén a estrea en Europa de Everlasting Light, réquiem para coro e marimba de Christos  Hatzis, xunto á Coral de Bilbao, no Museo Guggenheim de Bilbao e o Raíña Sofía de Madrid; a estrea mundial de Tres Quadres  per a  Marimba de Albert  Guinovart, xunto á Banda Municipal de Barcelona, no marco do Festival  Emergents de  L’Auditori; xiras por Alemaña e España xunto a  Katarzyna Myćka cun dos proxectos máis esixentes para dúo de marimbas, as Variacións  Goldberg de J. S. Bach; ademais de diversos recitais como solista e clases maxistrais en España, Alemaña, Suíza, Colombia ou México.

Formado no conservatorio da súa cidade natal, Alacante, recibe ao mesmo tempo os consellos dos solistas Sisco Aparici (Valencia) e  Katarzyna  Myćka (Stuttgart). Para cando terminou os seus estudos na  Hochschule  für  Musik “Hanns  Eisler” de Berlín, baixo a tutela do solista de percusión Li Biao, Conrado Moya xa fora recoñecido con galardóns como o Primeiro Premio no Concurso Internacional de Marimba ConUCOpercusión ou o Premio Honorífico do Concurso de Interpretación Sociedade de Concertos de Alacante.

Conrado Moya mantén un firme compromiso pola difusión e o desenvolvemento da marimba. É por iso que adoita realizar colaboracións con artistas de diversas disciplinas, así como tamén con compositores recoñecidos e novas promesas da composición para marimba. Froito de todo iso nace Silentium, o seu primeiro álbum de marimba solista.

Conrado Moya é artista representante da firma de marimbas estadounidense Marimba one®, con quen desenvolveu ademais a súa propia liña de baquetas.

Beatriz Riobó, soprano

Obtén o título Superior de Canto da man da soprano Teresa Novoa. Posúe diploma en Gaita Galega polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, licenciada en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Vigo, posgraduado en canto polo Royall College of Music de Londres e Máster en Investigación Musical pola VIU. Ademais, foi gañadora da bolsa Xuventudes Musicais de España no ano 2002.

Dende 1997 a 2005 traballou no Teatro Real de Madrid e no Auditorio Nacional de Música baixo a batuta de Pedro Halffter, Cristobal Halffter, Krzysztof Penderecki, Marc Soustrot, Daniel Lipton, Friedich Haider, Jesús López Cobos, Antoni Ros Marbá, García Navarro ou Peter Schneider entre outros. Realizou xiras por Italia, Suíza, Canadá, Bélxica, Francia, Portugal, EUA e Inglaterra.

Entre as gravacións nas que participa destacan Henry Clifford de Albéniz para Decca no 2003 e Merlín de Albéniz para a BBC in 2004. Ademais participa na estrea da ópera O Quixote e a obra de cámara Ópera de Cristóbal Halffter, Labirinto Azul de Juan Eiras ou Canticum de Angel Barja.