O Caudal Fest presentou o seu cartel por días para a edición de 2024 á que se suman Parkineos, Ana Lua Caiano, Querido e Dani Dicostas

Un cartel que ten como grandes protagonistas algún dos artistas máis demandados polo público a nivel nacional. 

O venres 20 de setembro estará protagonizado por Amaral, Viva Suecia, Carlos Sadness, Varry Brava, Huecco, Karavana, Xina Mora e Ramón Mirabet. Ademais, o festival engade a nivel artístico á portuguesa Ana Lua Caiano e ao galego Querido.

O sábado 21 será a quenda para outro gran número dalgúns dos artistas con máis éxito do país. Mikel Izal, Arde Bogotá, Ginebras, Nil Moliner, Ladilla Rusa, Tu Otra Bonita, Siloé e Monoulious DOP protagonizarán a segunda xornada de Caudal Fest 2024. Únense a este día Parkineos e Dani Dicostas.

O Caudal Fest 2024 contará de novo co apoio do Concello de Lugo como impulsor e dinamizador do festival, desde a súa primeira edición, e con Estrella Galicia, principal patrocinador privado do evento. 

As entradas de día estarán estarán á venda o vindeiro xoves 15 ás 12.00 horas en www.caudalfest.es

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou este xoves as novas incorporacións que se sumarán ao cartel da vindeira edición do Caudal Fest. Na foto con Mauricio Repetto, edil de Dinamización Económica. Foto: Gab. Com. Concello de Lugo.