Marcos Teira presenta en Lugo ‘Nós’ no ciclo ‘Na Bocanoite’. O guitarrista da Pobra do Caramiñal ofrece o mércores 14, a partir das 20.30 horas, un concerto na solaina da Casa do Saber ao abeiro do convenio Lugo Cultural

Marcos Teira ‘Na Bocanoite’ do Lugo Cultural o mércores 14 de xullo, data na que está programado o concerto de presentación de ‘Nós’, o último disco do guitarrista nado en Pobra do Caramiñal. 

Neste traballo, conta coa colaboración musical de Alfonso Calvo (baixo), Moisés Fernández (percusión) e Alejandro Vargas (piano).

A última achega musical de Marcos Teira supón o peche dun círculo comezado hai xa 25 anos e que o levou a percorrer escenarios por todo o mundo. 

Neste álbum, o sétimo do guitarrista da Pobra, Teira pasa temas de jazz polo filtro do flamenco, outra das súas grandes paixóns.

As persoas interesadas en acudir como público a este concerto, que comezará ás 20.30 horas, poden solicitar xa de balde as entradas a través do enderezo electrónico cultura.lugo@usc.es ou no teléfono 982 821 513.