Entrevista - 7 anos do microteatro de Microefectos Dramatúrxicos
Anxo Manoel - O mellor desvestido da foto.

Os dramaturgos e dramaturgas Carlos Santiago, Anxo Manoel, Fátima Delgado e Lorena Conde competiron recentemente no V Torneo de Dramaturxia de Galicia celebrado dentro da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)

O público asistiu e votou entre catro lecturas dramatizadas, interpretadas por actrices e actores profesionais de recoñecido prestixio. O gañador: o texto «Utopía» do lucense Anxo Manoel (membro de Microefectos Dramatúrxicos, entre outros proxectos artísticios).

Recuperamos as repostas do Anxo Manoel na entrevista coral que lles polo seu 7º aniversario:

– 7 anos, 47 funcións, 200 obras, 2 obras de longa duración, 1 libro …para cando a película?

 

ANXO: Estamos aí, aí, so nos falatan por pechar uns flecos, en cato teñamos , produtor, director, operadores de cámara, atrezzistas, 3000mil figurantes, equipo de produción, maquilladores, perruqueiros, unha boa constrictor, un gorila albino e 4 réplicas de OVNI (que viñémonos arriba co guión), estaremos listos para comezar…

 

– o teu mellor recordo ou o primeiro «bonito» que te veña á cabeza ante este pregunta tan miserable, tópicopatética (escoller 1 entre 7 anos de momentos xeniais)

 

ANXO: A parte de flipar todas e todos o primeiro día e dicir; “Hostias! Hai xente!”…coido que dos máis chulos foi o remate da primeira peza longa que fixemos, nun cultura aberta da depu abarrotado, ese aplauso e ese subidón que levamos todas, foi moito…

– unha peza doutro compañeirocompañeira que dixeses para ti «caralluda, oxalá a escribira eu»

 

ANXO: Envexa e orgullo constante sinto polos meus compañeiros/compañeiras así que podería dicir: ITV de María, Teseracto de Pepe, Color Salmón de Isa, El candidapto de Brian, Balas y Murallas de Elvira, Justicia Desbocada de Germán, Bolas Máxicas de Conchi, Non todos somos así de Brais e Youtuber de Raquel…Casualmente actuei en todas pero casualmante xa che digo, moi casual todo, casualísimo…

 

– unha peza túa da que te sintas especialmente orgulloso/a

 

ANXO: Das vellas “Xa é O.R.A” porque concetrei moita cousa aí dun xeito velado

– o momento máis tolo antes de comezar unha función

 

ANXO: Os días nos que estamos 6 persoas nun camerino de 1x2m fumando, intentando vestirnos, buscando as cousas que tivemos horas para buscar, ríndonos, apurando un grolo do que sexa…O camarote dos irmáns Marx é un chalet das casas baratas o lado diso…

 

– o momento máis tolo durante unha función

ANXO: Bebendo chupitos de Whisky como senón existirá un mañá nunha peza de Brian, sentándome e caéndome riba do público, supostamente borracho, noutra peza de Brian, sendo a raiña dun cabaret bailando en roupa interior femenina en outra peza de Brian…sempre saca o mellor de min o cabronazo…hahahah!…Tamén pelexando como Songoku contra Vexeta fora outra boa bizarrada, ou a torso espido cunha cabeza de cabalo posta declarando nun xuizo…a min tolerías mándaronme a autoimpúxenme centos, moito me rin eu nese escenario…motivos non me faltan

– o momento máis tolo despois dunha función sold out! sold out!

 

ANXO: Aquel día do Cultura Aberta ata que recollimos e saimos de detrás do escenario foi moi tolo e fermoso todo, pero algunha cea de venres foisenos das mans e entramos en modo voda con barra libre.

– cómo levas a presión do éxito

 

ANXO: Compro roupa máis folgada e ben…chámalle presión do éxito chámalle zampar bolos…

 

– algunha vez recoñeceronte pola rúa só por ser un dos de Microefectos?

 

ANXO: Si, unhas cantas, en colas de farmacia, no super mentres te cortan cecina, bares a tutiplén, restaurantes nalgún (vou menos que aos bares)…sempre cun sorriso, moi amable todo e mola…

– algunha pregunta para algún dos teus compañeiros/as?

ANXO: Por qué xa non me facedes sair en calzóns? Se estou gordo decídeo carallo!!