Concerto de presentación da formación lucense Lug’ Antiga Ensemble este sábado 11 de marzo (19.00 horas) no  Centro de Artesanía e Deseño.

 O Centro de Artesanía e Deseño acollerá o concerto de presentación ao público da formación lucense Lug’ Antiga Ensemble, impulsada polo músico Xosé
Torres, e que centra a súa actividade na difusión e interpretación do legado poético e musical das Cantigas de Santa María, de Afonso X.

A formación, creada en 2022, estrearase cun concerto cunha orientación didáctica, no que se afondará no instrumentario empregado na interpretación das Cantigas, coñecido a través das súas iconografías.

Lug’Antiga dispón dunha colección destes instrumentos, que foron construídos para o propio autor do proxecto, por algúns dos luthieres máis recoñecidos da Península.

Neste sentido, o concerto encaixa no traballo que se ven desenvolvendo desde o Centro de Artesanía e Deseño en relación co estudo e difusión do patrimonio musical medieval, con iniciativas como a mostra “A memoria do son” que no último ano viaxa por diferentes espazos culturais en Galiza, e que nestes días pode verse na Sala Valente en Ourense.

Lug ´Antiga Ensemble está composta por:

Alma Selene. (Cantante soprano)
Cándido Díaz: (Maestro gaiteiro e percusionista) .Frautas, Cornamusas,
Cromorno
Paula López: (Violonchelista). Cordas frotadas: Rabel e Viola
Carla Real: Percusións
Xosé Torres: Synphonía e cordas pulsadas: Citola, Guiterna, Oud árabe,
Baldosa