O guitarrista lucense Telmo Fernández conta cunha longa traxectoria internacional. Con estudos no Brooklyn Conservatory Of Music – N.Y. – non parou de xirar polo mundo con grupo propio ou acompañando a músicos como Brian Charette (Joni Mitchell, George Coleman), Phil Wilkinson (Larry Coryell, Mark Whitfield) o Pat Bianchi (Pat Martino, Lou Donaldson) ou o flautista británico Chip Wickham

O festival itinerante Todos os camiños traeno a Lugo, Pza Anxo Fernández Gómez, o domingo 29 de agosto ás 20:00 horas, co espectáculo THE LATIN SOUL JAZZ BEAT!, 12 músicos internacionais (Cuba, Venezuela, Francia, España) algúns vellos coñecidos na escea da música latina en Galicia, residentes na nosa comunidade e dirixidos polo xenial guitarrista lucense.

Trátase da recreación da fusión entre os ritmos latinos (Mambo, Guajira, Son) e o Jazz, Soul e Blues, que tivo lugar en Nova York a finais dos anos sesenta e principios dos setenta. Conta con composicións e arranxos orixinais de Telmo Fernández e a colaboración especial do afamado e gañador dun Grammy Latino, o mellor disco de latín jazz , Miguel blanco (Jerry González, Chico O ́Farril) Colaboración especial de Escandaloso Exposito, MC e saxofón.
 
 
RECORDA
 
CONCERTO «Todos os camiños» 
TELMO FERNÁNDEZ, THE LATIN SOUL JAZZ BEAT!

Domingo 29 de agosto 20:00 h.
Praza Anxo Fernández Gómez

Concerto gratuíto con aforo limitado, 80 cadeiras.

Prereserva no link:
https://www.todososcaminos.com/producto/telmo-fernandez-the-latin-soul-jazz-beat/

Organizado pola productora lucense FDS PRO dentro do «O Teu Xacobeo»- Xunta de Galicia e colaboración da área de Cultura do Concello