A Sociedade Filharmónica de Lugo programa un concerto extraordinario de Nadal, o venres 26/12 ás 20:00 horas no Círculo das Artes de Lugo, con entrada gratuíta ata esgotar localidades.
Concerto de:
Arundo Donax Ensemble
David Fiuza, director
Programa:
«Serenata para tutti»
Johann Sebastian Bach (1685-1750): Toccata und Fugue D‐moll* (*Arranxo de David Fiuza)
Wolfgang A. Mozart (1756-1791): Aria: “Der Königin der Nacht” de “A Frauta Máxica”* (*Arranxo de Adam Boll)
Pietro Mascagni (1863-1945): Intermezzo de “Cavalleria Rusticana”* (*Arranxo de David Fiuza)
Georges Bizet (1838-1875): “Carmen” Suite* (*Arranxo de Clifton Jones)
Johannes Brahms (1833-1897): Danzas Húngaras (Selección: núm 1, 3, 5 e 7)* (*Arranxo de David Fiuza)
Claude Debussy (1862-1918): Petite Suite* (*Arranxo de David Fiuza)
Adam Gorb (1993): Suite for Woodwinds
«Serenata para tutti»
Historicamente coñecemos as «Serenatas» como os concertos programados ao atardecer, para divulgar a música clásica en todo tipo de contextos, coa intención de romper a barreira social de clases que existía na cultura elitista da época, onde as grandes salas de concerto eran alcanzables unicamente para a aristocracia e a burguesía.
Neste caldo de cultivo nace o fenómeno da Harmoniemusik» (grupos de cámara formados por instrumentos de vento), que alcanza a súa época de esplendor no S.XVIII, ao ofrecer arranxos do repertorio clásico da época (sinfónico e operístico) en formato camerístico, e tocando «Serenatas» nas localidades máis pequenas e sen exclusións de clase social.
Baixo os ideais de achegar a gran música a «Tutti«, e facilitar a cultura á sociedade do s.XXI, é un dos obxectivos que nacen da inquietude latente deste proxecto .
Por este motivo xorde este programa de «Serenata», que achega a mellor música a diferentes contextos xeográficos da provincia, mediante un formato moderno de «Harmoniemusik«, no que se incorporan tímbricas e sonoridades totalmente renovadas ao incluír a organoloxía completa dos instrumentos de vento madeira.
En canto á elección do repertorio, o programa configúrase cunha selección da música máis coñecida dos últimos 4 séculos da historia da música ccidental; trátase dunha viaxe cun espectro estilístico moi amplo, que comeza na polifonía do órgano barroco, pasando pola expresión mais sublime da beleza romántica e achegándonos ó universo da danza con música pianística‐orquestral e tamén orixinal moderna.
+ Info: www.filarmonicadelugo.com






























