ABRIL 2018 0 musicólogo sarriano Abraham Cupeiro vai de xira pola provincia coa Deputación de Lugo para amosar o seu traballo de recuperación de instrumentos ancestrais. En Viveiro, Chantada, Monforte de Lemos e Vilalba, ofrecerá concertos abertos ao público en xeral e concertos didácticos en centros educativos de 16 localidades da provincia nos que viaxará cos escolares ao pasado máis remoto a través dos instrumentos de vento.
PROGRAMA
4 Concertos abertos ao público: “Os sons esquecidos”
– Viveiro, 13 de abril no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas.
– Chantada, 20 abril, no Auditorio, ás 20:30 horas.
– Monforte de Lemos, 4 de maio, no Centro Multiusos, ás 20:30 horas.
– Vilalba, 13 de maio, no Auditorio, ás 20:30 horas.
16 concertos pedagóxicos:
– Foz, 9 de abril, Salón de actos do IES de Foz, ás 13:30 horas.
– A Pontenova, 10 de abril, Casa da Cultura, ás 11:00 horas. Acudirán alumnos do IES Enrique Muruais e do CEIP Plurilingüe.
– Burela, 11 de abril, no Auditorio, ás 11:30 horas. Acudirán os alumnos do IES Monte Castelo e Perdouro.
– Viveiro, 13 de abril, Sala Multiusos do Concello, ás 12:30 horas. Acudirán alumnos do IES Vilar Ponte e IES María Sarmiento.
– Portomarín, 17 de abril, no CEIP Virxe da Luz, ás 10:00 e ás 11:30 horas.
– Antas de Ulla, 18 de abril, no Hall do CEIP de Antas de Ulla, ás 12:30 horas.
– Chantada, 20 de abril, no Auditorio, ás 12:00 horas. Participarán alumnos do IES Val do Asma e do IES Lama das Quendas.
– Rábade, 23 de abril, no ximnasio do IES Río Miño, ás 11:20 horas.
– Guitiriz, 25 de abril, no Salón de Actos do IES Poeta Díaz Castro, ás 11:30 horas.
– Vilalba, 27 de abril, no Salón de Actos do IES Basanta Silva, ás 12:35, cos alumnos de secundaria do Centro.
– Bóveda, 2 de maio, no CEIP Rosalía de Castro, ás 11:00 horas.
– Ribas de Sil, 2 de maio, no Salón Multiusos do Concello ás 15:00 horas, para os alumnos e os pais do CEIP de San Clodio.
– Sarria, 3 de maio, no Salón de Actos do IES Xograr Afonso Gómez para alumnos do IES Xograr Afonso Gómez e do IES Gregorio Fernández, ás 11:30 horas.
– Monforte de Lemos, no Centro Multiusos, ás 11:00 horas, no que participaran alumnos dos seguintes Centros: CPR Plurilingüe Fundación Educativa Torre de Lemos, CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos, CEE Infanta Elena, IES A Pinguela, IES Francisco Daviña Rey, IES Rio Cabe e CPR Padres Escolapios.
– Becerreá, 7 de maio, no Salón de Actos do IES de Becerreá, ás 12:00 horas.
– A Fonsagrada, 8 de maio, na Casa da Cultura, ás 11:30 horas. Participarán alumnos do IES Fontem Albei e do CEIP Santa María.
Abraham Cupeiro (Sarria, 1980)
O musicólogo Abraham Cupeiro (Sarria, 1980), constrúe e fai soar instrumentos de fai máis de 2.000 anos como o “karnyx”, a gran trompeta céltica. É construtor e multiinstrumentista, ademais de traballar na recuperación de instrumentos perdidos no tempo, utilizalos para crear novas sonoridades e imbricarlos en músicas alleas a eles. Estudou trompeta no Conservatorio Superior de Musica de Madrid, e logo realizou un máster en Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona.
A súa formación é clásica, pero sempre se sentiu atraído por todo tipo de músicas.
Desde novo formou parte de grupos de folk, jazz ou música antiga. E como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnyx (trompeta celta da Idade de Ferro). Ademais é impulsor dun instrumento ancestral en Galicia: a corna. Instrumento que tocaba seu avó e que aparece nas iluminacións de Alfonso X.
O seu interese pola organoloxía, ciencia que estuda os instrumentos musicais e a súa clasificación, levoulle a conseguir unha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas. Cupeiro recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles a súa música, e tamén a mestura con formacións modernas.