Setembro 2019 Se onte publicábamos a lista dos casi 50 grupos e artistas lucenses que van tocar neste San Froilán, e a falta de saber as datas destes, hoxe publicamos o listado definitivo dos concertos das festas pendentes da presentación oficial do programa.
Concertos por datas confirmadas
Venres 04/10
Familia Caamagno na Pza de Santa María: #pop #garage #rock
Xosé Lois Romero e Aliboria na Pza de Santa María: Aliboria é un colectivo de novos músicos galegos, dirixidos por Xosé Lois Romero, que reinventan os cantos e os ritmos enxebres de Galicia conxuntando as potentes voces das súas cantantes con anovadores arranxos para percusión tradicional cheos de forza, raza e terra. #tradi
SÉS na Pza Horta do Seminario
Sábado 05/10
La Habitación Roja na Pza Horta do Seminario: unha das mellores bandas de indie da historia do Reino de España. #indie
MUSICA NUDA na Pza de Santa María: cancións clásicas de tódolos xéneros adaptadas ao jazz e á pegada persoal deste dúo italiano que leva máis de 1.000 concertos e miles e miles de discos vendidos. #jazz
Sanfroidance na Praza da Soidade #musicanegra #electronica
Domingo 06/10
Tanxugueiras na Pza de Sta María: O mundo da pandeireta e o baile está a vivir en Galicia a un momento irrepetible, cada vez máis xente se está achegando a este tipo de sentir e facer. O que fan Tanxugueiras é achegalo dun xeito doado, natural, cun empaste nas voces pouco común, cuns arranxos elegantes e coidados, cun son grande e cristalino, cun agarimo inusual, cunha tímbrica instrumental que conecta oriente e occidente, con intelixencia e humor. E, sobor de todo, con moito amor. #tradi
Dulce Pontes na Pza Horta do Seminario: unha das cantoras portuguesas mais populares, recoñecidas e premiada internacionalmente. Canta canciones pop e música tradicional portuguesa (fado e folclore incluído) #fado #pop #worldmusic
Luns 07/10
Ray Gelato and The Giants na Pza de Sta María: se o «gruñón» Van Morrison dice deles «Awesome Band» é que son verdadeiramente incríbles. Banda de acompañamento de Paul McCartney ou Robbie Williams, os seus shows son altamente recomendables. #swing #jazz
Martes 08/10
Shica y Gutman na Pza de Sta María: proxecto de Elsa Rovayo, La Shica (Ceuta, 1976) e Didi Gutman (Buenos Aires, 1968) no que fusionan talentos recoñecidos internacionalmente. Por un lado La Shica, gañadora de dous Premios da Música e referente da mestizaxe do flamenco e o rap, rock, funk … por outro o gañador de varios Grammies Didi Gutman músico, tcompositor e productor arxentino. #copla #hiphop #rap.
Mércores 09/10
Joan Garriga i el Mariatxi Galàctic na Pza de Sta María: o rumbeiro maior de Cataluña, ex-Dusminguet e membro de La Troba e Kung-Fú #rumba #cumbia
Derby Motoreta’s Burrito Kachimba na Pza de Sta María: desde Sevilla a psicodelia máis kinki do Reino de España #rockpsicodelico
Xoves 10/10
NAO na Pza de Santa María: concerto de despedida dun dos grandes grupos do rock combativo galego, referente ideolóxio e musical de máis dunha xeneración #metal #punk #rock
Venres 11/10
Don Patricio na Pza Horta do Seminario: rapero canario con cuias cifras de visionados no You Tube son mareantes: 113 millóns de Views no seu canle #rap #trap
Jay-Jay Johanson na Pza de Sta María: unha estrela internacional nas festas, o crooner sueco leva desde o 1996 «fabricando» discos cheos de cancións elegantes de voz persoal e intransferible. #triphop #jazz #bossanova
Michelle David & The Gospel Sessions na Pza de Sta María #gospel
Sábado 12/10
Los Enemigos na Pza Horta do Seminario: a gran banda de rock and roll madrileña está de volta coa súa maestría e saber facer ao alcance de moi poucos artistas. #rock
Enric Montefusco na Pza de Sta María: ex Standstill #canciondeautor
Electronic Lucus Fest na Pza da Soidade con DJ Frisco & Marcos Peón, Manu Chady, Galician Army, Jako Rove e Miguel Palacios
PENDENTES DE CONFIRMAR DATA E LUGAR: DEF CON DOS, MASTONDONTE e TRIBUTO AOS 80 coa participación de Javier Gurruchaga, da Orquesta Mondragón, Miguel Costas, Bernardo de Refrescos, Teo Cardalada de Cómplices, Santi Sánchez de La Banda del Capitán Inhumano e Iguana Tango.