Recopilamos os concertos deste San Froilán 2021. Recorda que os directos dos grupos de Lugo son con entrada libre ata completar cabida e os que indican «reserva previa de entrada» é en entradaslugo.es. Para as orquestras hai que ir á web Orquestas de Galicia e xenerar un código QR.
Despois do listado atoparás un pouco de información dalgún dos artistas e grupos e a lista de reproducción do YOU TUBE SAN FROILÁN 2021 grazas, como cada ano, ao noso ou nosa fan descoñecido/a.
LUNS 04/10 CONCERTOS SAN FROILÁN 2021
19.30 h. XVI SANFROIDANCE (Entrada libre), homenaxe a “J MAYÚSCULA” coas actuacións de RICKY HOMBRE LIBRE, KIKI SOUND AKA KAMIKAZE, SHO-HAI A LOS CD ́S, F U M E R E C O R D S SHOWCASE, JUANMA LODO VISUAIS no escenario da explanada do Auditorio Municipal Gustavo Freire.
20.00 h. Concerto de WEALMAN (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María. Grupo de Lugo – Jazz
20.30 h. Actuación da ORQUESTRA PARÍS DE NOIA na praza de Augas Férreas.
21.00 h. Concerto de JENNY & THE MEXICATS (Reserva previa de entrada) no escenario da praza Santa María.
21.00 h. Concerto de INFRARROJA (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario. Grupo de Lugo – Indie/rock
22.00 h. Concerto de LA LA LOVE YOU (Reserva previa de entrada) no escenario da Horta do Seminario.
MARTES 05/10 CONCERTOS SAN FROILÁN 2021
13.00 h. Concerto de MR HATHAWAY (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María. Grupo de Lugo – Versións de Amy Winehouse
13.00 h. Concerto de HOLY DAMN (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario. Grupo de Lugo – Versións grandes clásicos do pop, rock…
20.00 h. Concerto da BANDA FILHARMÓNICA DE LUGO (Entrada libre) no escenario da explanada do Auditorio Municipal Gustavo Freire.
20.00 h. Concerto de NEBRA (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María. Grupo de Lugo – Nova electrónica galega
21.00 h. Concerto de XISCO FEIJOÓ (Reserva previa de entradas) no escenario da praza de Santa María.
21.00 h. Concerto de CONDUCTO COLOQUIO (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario. Grupo de Lugo – Rock urbano e social
22.00 h. Concerto de SIDECARS (Reserva previa de entradas) no escenario da Horta do Seminario.
MÉRCORES 06/10 CONCERTOS SAN FROILÁN 2021
20.00 h. ELECTRONIC LUCUS FESTIVAL HOUSE EDITION (Entrada libre) coas actuacións de DJ FRISCO & MARCOS PEÓN + HUGO LEIVAS + OIOSON no escenario da explanada do Auditorio Municipal Gustavo Freire.
20.00 h. Concerto de ABYA YALA (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María. Grupo de Lugo – Músicas iberoamericanas
21.00 h. Concerto de GATIBU + GRANDE AMORE (Reserva previa de entradas) no escenario da praza de Santa María.
XOVES 07/10 CONCERTOS SAN FROILÁN 2021
20.00 h. Concerto de HAENSELUS (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María. Grupo de Lugo – Pop
20.30 h. V Concurso MISS DEUSA + Concerto de SAMANTHA HUDSON (Reserva previa de entradas) no escenario da explanada do Auditorio Municipal Gustavo Freire.
21.00 h. Concerto de ISAAC ET NORA e FETÉN FETÉN (Reserva previa de entradas) no escenario da praza de Santa María.
VENRES 08/10 CONCERTOS SAN FROILÁN 2021
17.00 h. ESPAZO HIP HOP (Entrada libre). Batalla de galos coas actuacións de; CARISMA + DURY e Concerto coas actuacións de TEKILAS, BEAUTY PIKETE, IAGHOST, LA NASA, DANI DARKO, HAPPY004, KRK002 E L ́HAINE, na Explanada do Auditorio Municipal Gustavo Freire.
20.00 h. Concerto de LOS ZORROS (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María. Grupo de Lugo – Blues
20.30 h. Actuación da ORQUESTRA MARBELLA na praza de Augas Férreas.
21.00 h. Concerto de CORIZONAS (Reserva previa de entradas) no escenario da praza de Santa María.
21.00 h. Concerto de THE CORPORATION (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario. Grupo de Lugo
22.00 h. Concerto de BAIUCA (Reserva previa de entradas) no escenario da Horta do Seminario.
SÁBADO 09/10 CONCERTOS SAN FROILÁN 2021
13.00 h. Concerto de MAN DE SANTO (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María. Grupo de Lugo – Reggae, ska.
13.00 h. Concerto de PATUK BAND (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario. Grupo de Lugo – Soul, funk
20.00 h. Concerto de BIG MIND (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María. Grupo de Lugo
20.30 h. Actuación da ORQUESTRA ARIZONA na praza de Augas Férreas.
20.30 h. XIX Festival de Cultura Tradicional (Entrada libre) coas actuacións do CENTRO CULTURAL A PONTE VELLA (REIS – TEO ) e CÁNTIGAS E FRORES no escenario da explanada do Auditorio Municipal Gustavo Freire.
21.00 h. Concerto de MARÍA RODÉS (Reserva previa de entradas) no escenario da praza de Santa María.
22.00 h. Concerto de DAVID REES (Reserva previa de entradas) no escenario da Horta do Seminario.
DOMINGO 10/10 CONCERTOS SAN FROILÁN 2021
13.00 h. Concerto de RACHEL & THE BLUE BATONS (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario. Grupo de Lugo – Versións grandes hits rock 60/70
18.00 h. Concertos de LULAVAI + COMANDO CURUXÁS (Entrada libre) dentro da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas no escenario da praza de Santa María.
20.00 h. Concerto de BANDA DE MÚSICA SONS E SOÑOS (Entrada libre) no escenario da explanada do Auditoiro Municipal Gustavo Freire.
21.00 h. Concerto de GUADI GALEGO (Reserva previa de entradas) no escenario da praza de Santa María.
21.00 h. Concerto de TRINITÁ (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario. Grupo de Lugo – Garage
22.00 h. Concerto de ÁNGEL STANICH (Reserva previa de entradas) no escenario da Horta do Seminario
LUNS 11/10 CONCERTOS SAN FROILÁN 2021
18.00 h. Actuación da ORQUESTRA COSTA DORADA na praza de Augas Férreas.
20.00 h. Concerto de GALIRYON (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María. Grupo de Lugo – Metal
20.00 h. VERBENA GALEGA D ́ANTES (Entrada libre) na explanada do Auditorio Municipal Gustavo Freire.
20.30 h. Actuación da ORQUESTRA COSTA DORADA na praza de Augas Férreas.
21.00 h. Concerto de EL DROGAS (Reserva previa de entradas) no escenario da praza de Santa María.
21.00 h. Concerto de PROYECTO VALLEY (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario. Grupo de Lugo – Rock, pop, indie.
22.00 h. Concerto de MARÍA ARNAL I MARCEL BAGÉS (Reserva previa de entradas) no escenario da Horta do Seminario.
MARTES 12/10 CONCERTOS SAN FROILÁN 2021
13.00 h. Concerto de LAGARTO ZULÚ (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María. Grupo de Lugo – Versións grandes hits indie, rock, pop
13.00 h. Concerto de BANDA BESTIAL (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario.
20.00 h. Concerto de FILOPHÓBICAS (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María. Grupo de Lugo – Rock galego, herdeiros de Siniestro Total.
21.00 h. Concerto de TANXUGUEIRAS (Reserva previa de entradas) no escenario da praza de Santa María.
21.00 h. Concerto de MILESIOS (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario. Grupo de Lugo – Folk
21.30 h. Concerto de GALICIAN ARMY (Entrada libre) no escenario da explanada do Auditorio Municipal Gustavo Freire.
22.00 h. Concerto de MANEL (Reserva previa de entradas) no escenario da Horta do Seminario.
ÁNGEL STANICH
O roqueiro Ángel Stanich chega a Lugo co seu novo proxecto, “Una visión global bastante aproximada”, o primeiro disco que publica desde o ano 2017. Autodenomínase como “Lysergic Songwriter”, e posúe unha voz e un estilo moi particulares cantando e compoñendo cancións con referencias a uns Estados Unidos de estrada, áridos e cinematograficamente metafóricos.
BAIUCA
Baiuca comezou a actuar con este nome no ano 2017, cando o artista decide deixar atrás o pop que explorou baixo o nome de Alex Casanova, e comeza a innovar mesturando música electrónica co folk galego, mesturando os sons clásicos da cultura galega cos sintetizadores e as caixas de ritmos. Conta con dous álbums de estudo publicados no 2018 e no 2021, e con máis dunha ducia de singles. Conta con máis de 2.5 millóns de reproduccións en Youtube.
CORIZONAS
Corizonas nace da unión entre dúas bandas distintas, Arizona Baby e Los Coronas, cando realizaron unha xira conxunta titulada Dos Bandas y Un Destino, que en poucos meses se converteu nunha cita obrigada para as seguidoras do rock estatal. Este ano estrearon o terceiro álbum de estudo, Corizonas III, que se une aos dous EPs e 5 Sinxelos xa publicados. Corizonas é un dos grupos habituais no cartaz dos festivais máis relevantes no panorama do rock estatal, como o BBK Live ou o Sonorama.
DAVID REES
David Rees estará na praza Horta do Seminario o vindeiro día 9. Este cantante malagueño conta cunha gran popularidade nas redes sociais, onde comezou publicando versións de temas de outros autores. Conta con máis de dous millóns de seguidores en Youtube e acumula máis de 344 millóns de reproduccións dos seus temas.
EL DROGAS
Enrique Villareal, El Drogas, foi durante preto de 30 anos o cantante e baixista da banda de rock Barricada. Desde o seu primeiro disco con Barricada, no 1983, publicou preto de 30 discos coas distintas formacións das que fixo parte e 6 discos como El Drogas desde o ano 2012. É unha das voces máis recoñecibles dentro do rock estatal. El Drogas chega a Lugo co seu novo proxecto literario e musical, 189 escritos con una mano enferma e El largo sueño de una polilla, que sairá á venta o vindeiro 1 de outubro.
GATIBU
Gatibu chega desde Gernika co seu rock en bizkaiera (variante biscaína do éuscaro batua ou unificado). A súa defensa desta variante recibiron numerosos premios e mencións de institucións e asociacións culturais vascas. O grupo leva en activo desde o ano 2000, e presentou o seu primeiro disco no 2002.
Gatibu compartirá concerto con GRANDE AMORE, o nome artístico de Nuno García Pico, do Valadouro. Sacou neste ano o seu primeiro EP en solitario. A súa musica caracterízase polas guitarras, os sintetizadores e múltiples efectos vogais que transforman a tradición roqueira undergound nunha proposta novidosa.
ISAAC ET NORA
Isaac et Nora son dous nenos franceses de 13 e 9 anos que tiveron un gran éxito nas redes sociais debido aos seus vídeos virais versionando cancións latinoamericanas desde o salón da súa casa. Os integrantes de Fetén Fetén, Jorge Arribas e Diego Galanz descubriron os concertos destes dous rapaces e realizaron a súa primeira colaboración, Solamente Tú. A mestura de ambas agrupacións tráenos unha unión de ritmos latinos con sons ibéricos de Fetén Fetén e o acento francés de Isaac et Nora. Trátase dunha oportunidade única para desfrutar deste fenómeno viral nunha colaboración con artitas que comparten o seu gusto pola música popular.
MARÍA ARNAL E MARCEL BAGÉS
María Arnal e Marcel Bagés foron quen de conseguir uns niveis extremos de conexións coa audiencia e unha aproximación musical á memoria historica que deixou unha pegada en toda unha xeración de creadores. Tras o histórico 45 cerebros y 1 corazón, este dúo chega a Lugo co seu novo traballo, CLAMOR, un disco sobre a capacidade inesgotable para afrontar os retos dun planeta en crise.
MARÍA RODÉS
María Rodés chega ao San Froilán co seu novo disco, Lilith, publicado a comezos deste ano. A música de Rodés mestura a súa voz, cun timbre suave e doce, cunha gran experiencia a nivel compositivo e sonoro. Gañou o premio Puig-Porret no ano 2016 ao realizar unha investigación sobre o seu antepasado Lluís Rodés, o que facilitou a publicación do disco Eclíptica no ano 2018.
SAMANTHA HUDSON
O V concurso Miss Deusa, que terá lugar o día 7 na contorna do Auditorio Municipal Gustavo Freire, contará coa actuación de Samantha Hudson, unha recoñecida artista, cantante e actriz dentro do colectivo LGBT. O seu proxecto musical xoga cos paradigmas do xénero, o sexo e a liberdade de expresión. Samantha Hudson considérase actualmente unha das iconas da Xeración Z, acumulando preto de 400.000 seguidores nas distintas redes sociais.
TANXUGUEIRAS
Tanxugueiras, o trío formado por Olaia e Sabela Maneiro xunto con Aida Tarrío, que chegan a Lugo despois de ser escollidas pola audiencia de todo o estado como as favoritas na web eurovision-spain.com. Levan en activo desde o ano 2016, e contan con dous discos e un single publicados. Nestes 5 anos de actividade, acumularon múltiples premios a nivel galego e internacional, entre os que se atopan o premio MIN de música independente de 2018 ao mellor álbum galego, o premio Martín Códax da Música 2019 a mellor grupo de música tradicional e folk, o certame Ari(t)mar Galiza e Portugal 2019 a mellores músicas da Galiza, o e o premio a mellor adaptación dunha peza tradicional dos XIX Premios La Opinión de Música de Raíz do 2020. Ademais, os World Music Charts Europe do 2020 incluíunas entre os 20 mellores discos de World Music. Foron tamén finalistas do premio Mestre Mateo do Audiovisual Galego do 2019 ao mellor videoclip, finalistas do Mellor Vídeo con Shooglenifty dos Scots Trad Music Awards 2019 e finalistas a mellor álbum galego dos premios MIN da Música independente de 2019.