Chega un dos nosos ciclos favoritos… Experimenta! 2025 con BASABI, AMANDA MUR E CINTAADHESIVA.
➡O Martes 22 de Xullo as 20:30 na Capela de Santa María, BASABI, dende Bilbao, conxunto de música de cámara acompañado de txalaparta, presentarán o seu novo traballo ‘Oma’. Previamente proxectarase a curtametraxe ‘Zuhaitzen Memoria’ de Josu VENERO
www.basabi.eus
www.instagram.com/basabigara/
➡O Mércores 23 de Xullo as 20:30 nos Xardíns do Pazo Provincial de San Marcos, AMANDA MUR, de Cantabria, co seu disco de debut ‘Neu Om’, nunha complexa mistura de estilos, estructuras e influenzas clásicas e contemporáneas.
linktr.ee/amandamur
www.instagram.com/amandamur__
www.facebook.com/61573005622289
➡O Xoves 24 de Xullo as 20:30 na Capela de Santa María, CINTAADHESIVA, da Galiza, a proposta poético-musical que integra as creacións do compositor Jesús Andrés Tejada e as poesías e performances de Silvia Penas nun conxunto que se deu en chamar ‘e-Poesia’, nesta actuación incorporarán os visuais de María Roja.
www.facebook.com/cintaadhesiva
www.instagram.com/cintaadhesiva___/
cintaadhesiva.bandcamp.com/
Todos con entrada libre ata completar cabida.
Experimenta novas sensacións, deixate levar polos camiños da imaxinación das propostas deste ciclo organizado pola asociación cultural lucense Tele-Clube Lugo que conta co apoio da Vicepresidencia de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte