MAR 2018 A sexta edición da programación MIHL Sons XXI, arrincará o vindeiro martes, 3 de abril e terá lugar todos os martes de abril ás 20:30 horas, así como o xoves 12 de abril. Inclúe concertos, un espectáculo de música e danza, un concerto didáctio para escolares e unha clase maxistral, ben no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), na Casa do Saber, no Vello Cárcere ou no Conservatoiro Profesional de Música Xoán Montes. Todas as actividades son de entrada libre e gratuíta ata completar aforo.
Tras as dúas últimas edicións dedicadas á música contemporánea europea e americana e na procura de pechar o círculo desta ollada xeral ao panorama musical actual, nesta edición abordarase a música contemporánea non occidental dende perspectivas tan diferentes coma a sque cultivan hoxe en día compositores sudamericanos, persas ou do lonxano oriente, achegando ademais tres estreas mundiais. Para iso, ao longo do vindeiro mes de abril contarase coa participación de intérpretes coma o pianista galego David Durán ou a iraní Aida Sigharian, o saxofonista Pablo Coello, a percusrionista lucense Sabela Castro ou o ensemble Vertixe Sonora, ademais da participación ou grupo de danza contemporánea do Conservatoiro Profesional de Música Xoán Montes, nesta ocasión presntando o espectáculo Orixes.
O ciclo foi presentado pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o coordinador do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo, Diego Ventoso, e a profesora e pianista, Dolores García, na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tencoloxías.