Encontro co músico @xacobemartinezantelo Xoves 2 de marzo, 20:30 horas na Casa do Saber. Promove: @lugocultural
Músico, emprendedor, e activista cultural. De formación ecléctica e autodidacta, este músico compostelán aparece en máis de 40 traballos discográficos, que van dende o Jazz, ó Rock, pasando pola Música Tradicional, o Teatro ou as Músicas do Mundo.
Ademáis da acción vencellada á Música, dende hai máis de 20 anos, traballa de xeito estable co Grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014).
Vén desenvolvendo tarefas relacionadas co Espazo Sonoro e a Música dende os comezos da súa relación profesional co Grupo Chévere, e ten recibido varias nominacións e varios Premios María Casares por algúns dos seus traballos con Chévere, como, Testosterona, Citizen, ou a Ultranoite no País dos Ananos.
Na última gran montaxe de Chévere: “N.E.V.E.R.M.O.R.E.” asistimos a unha aposta decidida pola execución ao vivo de toda unha banda sonora recreada coas vellas técnicas do Foley Art, para amosar as tripas da ficción escénica, xunto coas maquinarias dos teatros onde se representa a última gran peza dos Chévere.
Neste encontro con Xacobe, debatiremos sobre os procesos creativos, a concepción do Espazo Sonoro na música, nas artes escénicas e no audiovisual, de cómo é a experiencia de traballar para Chévere, e do intenso e espectacular traballo de “N.E.V.E.R.M.O.R.E.”