Fa Ce La Fest – Ciclo de concertos «Outono no Club Clavicémbalo»

Os organizadores do FACELA FEST teñen como máxima ir máis alá das datas do festival e apoiar o circuíto de salas de música cunha programación anual continua no Club Clavicémbalo.

Este «Outono no Club Clavicémbalo» 2024 comeza cunha marabilla o luns 09/09 ás 22:30:
 
«facémolo con Jamie Turner (Perth, Australia) que chegará para trasladarnos ao pop (a veces psicodélico) dos 60! Intentando sempre capturar os sons cálidos e característicos que están presentes en todas as súas gravacións favoritas dos anos 60 e 70.
 
Algunhas influencias musicais notables inclúen a Paul McCartney, Todd Rundgren, Emitt Rhodes, The Beach Boys e Harry Nilsson.
 
Jamie chegará acompañado dunha banda espectacular ca presencia do xenial Wesley Fuller. Os que vos acheguedes este luns ides quedar encantados! Esta maxia pop non atravesa o planeta tódolos días! A oportunidade está ahí! Non a perdades!» FACELA FEST
 
Entradas en woutick
 
RESTO DA PROGRAMACIÓN
 
Luns 16 – 22:30
The Lotts. Australia 
Banda de rock abd roll formada en 2018 na cidade de Warrington (Reino Unido).
Teñen enerxía, riffs potentes, melodías pegadizas e unha natureza feroz, trepidante e ruidosa na súa actuación en directo.Con varios EP e un single, arrasaron as rúas de calquera cidade na que actuaron co seu rnr sonoro e estridente que podería facer bailar cadáveres.
 
O mellor de todo é que non teñen plans para baixar o ritmo.
 
 
Martes 17 22:30, The Knight Shades U.S.A.
Dende New York chegan os salvaxes The Knight Shades! Banda de garaxe cun son cavernoso e moi 60s.
Co lanzamento do seu sinxelo debut, devolvéronte ao 65 con voces gruñidas, harmonías hipnotizantes, melodías difusas e Farfisa e guitarras obstinadas.
 
 
02 de NOV – CONCERTO DE FEDERALE (Dentro do Festival de Jazz de Lugo.)
 
sáb., 30nov.2024 a las 22:30h.
Concerto do grupo AXOLOTES MEXICANOS