«FaCeLa Fest 2022 o cartel definitivo» entendendo por «definitivo» insuperable:

 
A sexta edición do festival FaCeLa Fest, o festival de música independente por excelencia do noroeste peninsular, terá lugar en Lugo entre o 12 e o 14 de maio.
 

O escenario principal estará no exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire, e, entre outras actividades, a programación tamén inclúe un dobre concerto no Club Clavicémbalo o xoves 12 e unha sesión vermú na praza da Milagrosa.

CARTEL

The Wedding Present, procedentes de Leeds, que levan dignificando o indie-rock de guitarras desde os anos 80, e The Wave Pictures, desde Londres cunhas letras onde o sentido do humor e as súas melodías destacaron no xénero durante os 20 anos de traxectoria do grupo. 

A escena internacional do festival complétase con The Mastersons,  banda de Country alternativa americana procedente de Brooklin e cos portugueses Eigreen, banda de recente creación e de gran calidade.

Os galegos Triángulo de Amor Bizarro, que contan cun dos directos máis apaixoantes do panorama independente a nivel estatal, e un gran número de premios. Completan a selección os madrileños Los Punsetes, e Hinds, unha das bandas españolas máis valoradas a nivel internacional.

Estarán presentes tamén os barceloneses Stay, os vascos Lie Detectors ou o grupo madrileño Cosmen, que xunto cos ferroláns Bang 74 completarán a selección do sexto FaCeLa Fest.

O festival sempre aposta polos grupos locais, desta volta: Kike GansoFilophóbicasTerror Erótico Adolescente e Nebra

ENTRADAS