Festival on line de grupos e artistas de Lugo - escapARTE - edición II

Este mércores 15 de abril ás 21:00 horas… segunda edición do escapARTE Fest musical con grupos e artistas da escena lucense!!!!. 

Crazy Breed, El Chico López, Hit the Beat, Laura LaMontagne, Los Zorros, Magical Colors, Marvin L, Muddy Doll, Mythical Fail, Olalla Caamaño, Por mi Swing, Trinitá e Vrásica son as novidades do cartel no que repiten, desta volta,  Adrián Arias e Jesús Varela, Conducto Coloquio, Filophóbicas, Infrarroja e Kike Ganso.

A escena musical de Lugo e provincia está en plena forma, a pesar das circunstancias, 25 participantes na primeira edición, 13 novos nesta segunda, de tódolos estilos: soul, blues, rock, heavy, indie, soul… e unha acollida nas redes sen precedentes. 

Temos o luxo de contar coa diva da revolución cultural lucense, Laura LaMontagne, o debut da nosa indiestar particular, Olalla Caamaño que estrea en exclusiva mundial para este medio – detallazo, grazas!» un tema da súa nova aventura musical en solitario, os Hit the Beat cunha versionaca do «Seven Nation Army» dos White Stripes ou Por Mi Swing coa canción das cancións: o I Will Survive. Marvin L coa viguesa Shia Lahaine, dúo de altura, Muddy Doll, Mythical Fail e Magical Colors para poñer o rock e os toques blues ou Crazy Breed e a súa achega aos sons grunge de principios dos 90. Garaxe cos Trinitá, unha nova versión de Adrián Arias e Jesús Varela que na primeira edición sorprenderon con Radiohead, os sempre rachadores Conducto Coloquio e os sempre caralludos Filophóbicas. 

A non perder tamén o blues de Los Zorros, porque sí, en Lugo tamén temos banda de blues do Miñosisipi, e o hard-rock de Vrásica, así como a aportación argentinolucense de El Chico López. De Infrarroja e Kike Ganso non decimos nada, xa sabedes a nosa debilidade por estas xentes.

Xa sabes este mércores 15 de abril ás 21:00 horas nas nosas redes:

https://www.facebook.com/vivalugo/

Twitter

Instagram

You Tube