Israel B e DiegoAs no Espazo Hip Hop do San Froilán 2022
Venres 07/10 a partir das 17:00 na Pza da Mosqueira con entrada de balde.
O Espazo Hip-hop do San Froilán segue evolucionando con máis actividades de calidade suprema e colaboracións con escolas e artistas locais. 
 
O cabeza de cartel desta sexta edición é Israel B, que é parte do top español da música urbana. Ademáis destaca a participación de grupos galegos que son as maiores referencias da música galega underground dentro da música urbana como YNGZ, productores e artistas vigueses, conformado por Wabi, Kszell e Yung Denzo gañador do concurso Snipes 2020 a nivel europeo.
 
Tamén conta ca participación de O Pirata, artista ourensán punteiro que destaca porla súa participación en distintos eventos e festivais autonómicos.
 
A actuación de Carisma, que é o artista lucense xoven con maior proxección dentro da escena local.
 
MKP Crew, grupo de Pontevedra que está comezando a despegar a nivel galego.
 
Ademáis dos concertos: DiegoAs, o maior talento a nivel mundial do graffiti, recoñecido mundialmente polo seu traballo, realizará un graffiti en directo.
 
Exhibición de baile pola escola lucense Stardance, potenciando o talento lucense e dándoo a coñecer máis.
 
Final de batallas de gallos a nivel galego, contando con nomes como »Sozat», »Le33» entre outros que son moi coñecidos no mundo do freestyle polas súas intervencións en distintos eventos a nivel nacional e gran talento.
 
A gran evolución e repercusión deste evento é posible grazas á organización da asociación lucense Son da Muralla en colaboración coa concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do conello de Lugo e dunha gran cantidad de colaboradores da cidade.