A área de Cultura da USC no Campus de Lugo promove o ciclo ‘Lubicán Íntimo’, que botará a andar o 15 de marzo de 2024, a partir das 21.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, cun concerto de Abraham Boba.
Abraham Boba é o pseudónimo que David Cobas (Vigo, 1975) utiliza desde hai anos para asinar todos os seus traballos.
Tras unha primeira etapa autodidacta na que pasa por diferentes cidades e proxectos musicais (desde bandas de rock a experimentais como o dúo Belmonde), trasládase a Barcelona onde cursa estudos de piano, composición e arranxos no Taller de Musics.
En 2007 publica o seu primeiro disco en solitario.
En 2008 trasládase a Madrid e publica o seu segundo traballo ‘La Educación’, mentres entra a formar parte da banda de Nacho Vegas, co que gravará numerosas referencias e fará centos de concertos nunha relación que durará máis dunha década.
En 2011 publica ‘Los días desierto’, o seu terceiro disco en solitario.
En 2013 forma o grupo León Benavente, no que escribe todas as cancións e co que publica catro discos ata a data.
En 2021 publica o seu primeiro poemario titulado ‘Esto no es una canción’ (Editorial Espasa) e crea un espectáculo en base a eses textos co que xirará por España durante dous anos.
Durante os últimos anos desenvolveu a súa faceta como DJ e colaborador en diversos medios de comunicación.
Participou como músico e produtor en máis de cincuenta discos.
Dentro do convenio Lugo Cultural, no que participan con financiamento USC, e as áreas de Cultura do Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo,
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte