Este 2020 o Festival Internacional de Jazz de Lugo celebra a súa 30 edición e dentro das actividades de tan especial ano, organizan este domingo 27 de setembro na Praza de Santa María de Lugo a «Festa do Jazz Galego» que reunirá a máis de 100 músicos de jazz que turnaránse para tocar sen parar durante 5 horas na maior Jam Session feita nunca en España…e ao mellor no mundo.
A Jam vai estar adicada, e tocaranse varios temas da súa autoría, ao quizáis máis grande músico de Jazz de tódolos tempos, e que xustamente neste ano fai 100 anos do seu nacemento: o gran Charlie Parker.
O evento é gratuíto sen necesidade de reservar entrada xa que está pensado e organizado para que o público vaia rotando de paso con todas as medidas sanitarias vixentes.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte