Chus Pato, Yolanda Castaño, Constantino Bértolo, Sonia Marpez, Adrià Targa e Belén Gopegui estarán presentes este ano na Fundación Uxío Novoneyra. Coa música de Davide Salvado, Califato Dj Set, BABYKATZE ou Xico de Cariño, entre moitos outros.

Nova edición do Festival dos Eidos en O Courel (Fundación Uxío Novoneyra – Parada 1 Seoane). O Festival dos Eidos celébrase todos os agostos dende 2015 con varios días de programación cultural de diferentes expresións artísticas ligadas a Literatura: recitais, concertos, artes escénicas e do corpo, roteiros e visitas guiádas, obradoiros, actividades para nenxs e exposicións nos diferentes espazos, do interior e exterior da casa-museo de Novoneyra e o seu territorio íntimo. 

PROGRAMA FESTIVAL DOS EIDOS 2021

O venres 27 terá lugar a tradicional homenaxe a #CarlosOroza, con Yolanda Castaño e Javier Romero. Branca Novoneyra conducirá este acto arredor do autor do emblemático poema antifascista «Se prohibe el paso» e que escribiu o seu «Eléncar» na casa de Novoneyra. O festival acollerá tamén a representación de E_migrantas, unha peza da compañía Kirenia Danza.

O sábado 28, Belén Gopegui ofrecerá no souto a lectura «Nuestras voces, nuestras ficciones». Na Casa da Fonte terá lugar o recital central con Chus Pato, Constantino Bértolo, Sonia Marpez e, gracias á colaboración co PEN Català, Adrià Targa.

O domingo 29 terá lugar a ruta polos paxaros que poboan #OsEidos da man de Xabier Vázquez Pumariño e a representación da peza de danza «Tres Tristes 2.0», de Kirenia Danza.

O festival estará atravesado polas actuacións musicais de Califato DJ set, BABYKATZE, Davide Salvado, Xico de Cariño, Su Garrido Pombo, Eladio & Uka, Román Gutiérrez, Dj Tristón, Xavi B e Sergio Canay

Durante toda a fin de semana, a Casa-Escola de María Mariño acollerá a videoinstalación «Visións Inéditas»

ENTRADAS, só hai 99! 👉 bit.ly/3gaQqYU