O Cuarteto Quiroga, Premio Nacional de Música 2018, cuarteto residente no Museo Cerralbo de Madrid internacionalmente recoñecido entre crítica e público pola forte personalidade do seu carácter como grupo e polas súas interpretacións audaces e renovadoras estará en concerto no Círculo das Artes o sábado 26 de abril de 2025 – 20:00 horas.
Galardoado nos máis prestixiosos concursos internacionais para cuarteto, é habitual das salas máis importantes do escenario camerístico internacional, está formado por:
Aitor Hevia | violín
Cibrán Sierra | violín
Josep Puchades| viola
Helena Poggio | violonchelo
Fortemente implicados coa ensinanza da música de cámara, desempeñan o seu labor en prestixiosas institucións superiores: Conservatorio Superior de Música de Aragón (Aitor Hevia), Universidade Mozarteum de Salzburgo (Cibrán Sierra), Musikene (Josep Puchades) e Real Conservatorio Superior de Música de Madrid (Helena Poggio).
En 2007 recibiu o Premio Ojo Crítico de RNE e en 2006 a Medalla de Ouro do Palau de Barcelona. Comparte escenario con músicos da altura de Martha Argerich, Javier Perianes, Jörg Widmann, Richard Lester, Vladimir Mendelssohn, Alain Meunier, David Kadouch e membros dos cuartetos Alban Berg, Hagen, Meta4, Casals, Doric, Arcanto, Galatea e Ardeo, entre outros.
Programa:
W. A. Mozart: Cuarteto Op. 10, nº 3, en mi bemol maior, K. 428
L.v. Beethoven: Cuarteto en mi bemol maior, Op. 127
Dentro da programación da Sociedade Filharmónica de Lugo.
Venda de entradas para non socios: Oficinas do Círculo das Artes
Entradas para non socios: 20 €
Entradas estudantes: 5 €* (*menores de edad e estudantes do conservatorio: entrada gratuita)
Pódense reservar entradas escribindo a: filarmonicadelugo@gmail.com
Alta de socios e información tamén en: filarmonicadelugo@gmail.com
+ Info: www.filarmonicadelugo.com
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte